PESTANAS

luns, 27 de novembro de 2023

ARTS IN NOVEMBER

O alumnado de Primaria durante o mes de novembro, na materia de Arts, ademais de colaborar na decoración para a celebración do Magosto, publicado xa con anterioridade. 

O alumnado de 1º e 2º estivo creando personaxes divertidos con anacos de papel con diferentes tipos de grafías seguindo a Hervé Tullet e tamén participaron no mural do 25 N "A muller é ...respéctaa"

O alumnado de 3º e 4º participaron na decoración do mural base, que representa a Liña Temática do centro deste curso, con estrelas e bolboretas de papel de xornal pintadas con liñas e puntos imitando a Yayoi Kusama e Andy Warhol ao estilo Pop Art, ás que engadiron palabras que definen como debemos ser e comportarnos para erradicar a violencia, co gallo da celebración do 25 N. 

O alumnado de 5º e 6º deseñou carteis alusivos ao día, tamén crearon un mural tipo Pop Art con xornal e siluetas femeninas con palabras que definen as mulleres do seu entorno.

A continuación un resumo:

Arts in november de Entre estrellas que iluminan

luns, 13 de novembro de 2023

MAGOSTO-ROASTED CHESTNUTS

Nesta semana o alumnado, na materia de Arts, colaborou na decoración dos corredores cun mural con castañas e follas decoradas, empregando tizas pastel coa técnica do difuminado, puntos e liñas empregando rotuladores.

MAGOSTO-ROASTED CHESTNUT de Entre estrellas que iluminan

domingo, 12 de novembro de 2023

PARTES DUN ORDENADOR

Algunhas nocións básicas para o alumnado de Primaria, que empeza a usar o ordenador, vídeos educativos recollidos de @DiverTicDos

luns, 6 de novembro de 2023

COMO CREAR E PROGRAMAR UN MIIBOT

Dous tutoriais compartidos dende a web de Complubot para traballar na aula e crear os nosos Miibots:

mércores, 1 de novembro de 2023

RESUMO TAREFAS DE OFIMÁTICA E ROBÓTICA EN OUTUBRO

Durante o mes de outubro seguimos iniciando e aprendendo:
Tarefas de Robótica e ofimática en outubro de Entre estrellas que iluminan

OCTOBER ART WORKS

En outubro continuamos coa parte teórica, neste caso a liña e as súas formas e características en plástica. 

A práctica levouse coas tarefas de decoración para a celebración do samaín no centro. 

Un breve resumo a continuación premendo nas páxinas para avanzar e ver:

ARTS NOTES- LINE de Entre estrellas que iluminan
HALLOWEEN ART PROJECT de Entre estrellas que iluminan