PESTANAS

venres, 30 de maio de 2025

ACTUACIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Esta semana, nas tardes do martes e o xoves, levaronse a cabo as actuacións e exhibicións dalgunhas das actividades extraescolares que se realizaron no centro ao longo do curso, a cargo da ANPA.

Deixo aquí un resumo da actuación do grupo de baile, patinaxe, teatro e xadrez nas que participan algunhas das nosas estreliñas.

Ademais da campeona do torneo da actividade de xadrez. 

PARABÉNS!! Un gran traballo tanto por parte das monitoras coma do alumnado.

BAILE E PATINAXE 2025 de Entre estrellas que iluminan
TEATRO: O MERLO BRANCO de Entre estrellas que iluminan
Xadrez de Entre estrellas que iluminan

luns, 26 de maio de 2025

OBRADOIRO DE IMPRENTA

O pasado día 13 de maio chegou ao noso centro a Imprenta móbil, Alouette Machine, para impartir un obradoiro de formación, creando carteis sobre as Cantareiras, as que este ano se lles dedicou o día das Letras Galegas.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria e un grupo de 3º da ESO participaron nesta formación aprendendo as técnicas de impresión á antiga usanza.

Os carteis creados serviron para decorar o acto de celebración das Nosas Letras no patio do centro.

Ademais o qalumnado de 6º de Primaria realizou un resumo do aprendido.

Grazas Cris e Jean-Ba

OBRADOIRO IMPRENTA de Entre estrellas que iluminan
Resumo do aprendido no obradoiro imprenta de José García García

sábado, 24 de maio de 2025

ESCRITURA CREATIVA: DETECTIVES LITERARIOS

O alumnado de 6º de Primaria, partindo dunha proposta de @literaturaytizas, realizaron unha actividade de escritura creativa unificando tarefas da materia de Proyecto Competencial e Lingua castelá.

A continuación o resultado



ECRITURA CREATIVA-AGENCIA DE DETECTIVES LITERARIOS de José García García

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

O alumnado de 6º de Primaria realizou un traballo de investigación, por grupos, co gallo da celebración das Nosas Letras, sobre As Cantareiras.

CANTAREIRAS 2025 de José García García

venres, 23 de maio de 2025

PUBLICIDADE E CONTRA PUBLICIDADE

Ao longo deste curso o alumnado de 6º de Primaria participou no programa "Apuntámonos a non beber", dentro o Plan Proxecta ofertado pola Consellería de Sanidade.

O alumnado recibiu dúas formacións, e como remate realizou carteis publicitarios  e de Contra Publicidade; despois elixiron un para enviar e participar no concurso.

A continuación a presentación destes traballos. Grazas a Rocío Lavandeira pola formación e recursos presentados.

CONTRAPUBLICIDADE de José García García

luns, 19 de maio de 2025

luns, 12 de maio de 2025

O NOSO MAIO

Este xoves o alumnado do centro participou na elaboración dun maio no patio do centro. A continuación a achega do alumnado de sexto.

 

Celebrando os maios de Entre estrellas que iluminan

domingo, 11 de maio de 2025

CINEMA CON PERSPECTIVA

O noso centro foi un dos  40 centros seleccionados para participar no Programa Cinema con perspectiva ofertado pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa asociación cultural Festival Internacional Cinema de Bueu (FICBUEU), está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e primeiro ciclo da ESO, no noso caso só foi para Primaria; no que se busca incorporar a análise crítica sobre o tratamento da muller no cinema e noutras formas de expresión audiovisual.

Este martes, 7 de maio, o noso alumnado de 5º e 6º visualizou unha selección de curtametraxes centradas en temas como a igualdade de xénero, a violencia machista e o papel da muller na sociedade. Estas proxeccións incluíron coloquios dinamizados por "María" a persoa experta que veu ao centro para fomentar a reflexión sobre os valores e as mensaxes transmitidas, abordando conceptos como a equidade entre homes e mulleres, o empoderamento feminino e a desconstrución de roles tradicionais.

Cinema con perspectiva 5º e 6º E.P. de Entre estrellas que iluminan

martes, 6 de maio de 2025

ARTS IN APRIL/ TAREFAS DE PLÁSTICA EN ABRIL

Durante o mes de abril o alumnado de primaria na materia de Arts traballou temas relacionados coa primavera e  Kandinsky, así como o autorretrato e a celebración da pascua, con actividades propostas pola nosa auxiliar de conversa, Nadia.

Arts in April de Entre estrellas que iluminan 
 
A continuación uns vídeos sobre Kandinsky: