No mes de xuño as actividades foron poucas por mor das excursións de fin de curso e as celebracións na última semana.
Así realizaron debuxos de ilusión óptica en 3D, debuxos Pop up seguindo instrucións, creación con Doodlles, e para rematar xogos inter etapas, coa intervención do alumnado da ESO e Primaria, busca de obxectos polo patio seguindo instrucións, e estampado de camisetas con pegadas e nomes, como recordo dos compañeiros.
Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, moitos Parabéns, estreliña Martín, espero hoxe esteas a ter un gran día de celebración. MOITOS PARABÉNS!!
A última semana de curso estivo chea de actividades festeiras...bueno tamén algún exame, ja,ja.
Arrancamos semana coa visita dun grupo do alumnado de 3º da ESO que viñeron ofecernos unha parodia da vida de Rosalía de Castro ao estilo dos programas de "chismes" da televisión, o alumnado pasou un anaco divertido ao tempo que se enterou doutros aspectos da vida de Rosalía non tan coñecidos.
Continuou a semana coa Festa da Auga organizada pola ANPA, na que disfrutaron moito e agradeceron dadas as altas temperaturas quen estabamos a sufrir.
Logo tocou festa de despedida e convivencia cos compañeiros de ciclo, con merenda, estampado de camisetas e...por suposto baile, a cargo da nosa estreliña o DJ Bregogán.
E rematou a semana coa graduación das estreliñas, pero iso merece unha publicación aparte.
As nosas estreliñas están a piques de rematar a súa etapa de E. Primaria, e unha das actividades finais, coma sempre, é a excursión de fin de curso. Este ano compartida un día cos compañeiros de 5º de E. Primaria, dandolle así o pase a ser os maiores da etapa.
Unha aventura na Illa de Ons na que disfrutaron de actividades na natureza, coñecendo un pouco este parque natural e protexido, así como de praia, xogos e tempo de convivencia.
A experiencia da viaxe en barco e pasar dous días de camping, especial (glamping), posto que permite ir máis lixeiros de equipaxe, tendas con cama e todos os servizos, resultou moi satisfactoria para as estreliñas, dado que lles soubo a pouco e querían alongar a estandía na illa.
Hoxe o alumnado de 6º de E.Primaria recibiu a súa última actividade de formación no centro, por este curso. Actividade ofertada polo Concello de Ourense dentro dos seus Programas Educativos. Co obxectivo de proporcionar ao alumnado as ferramentas para saber enfrontarse ante unha situación de emerxencia sen empeorala, e tamén coñecer as primeiras medidas de seguridade perante un accidente: normas básicas de socorrismo e primeiros auxilios.
O mes de maio comezou coa celebración dos Maios no cole, o alumnado particiou na súa elaboración, polo tanto o alumnado do primeiro ciclo pintou flores e o noso maio. Os do segundo remataron bodegóns para traballar cores primarias e secundarias.
Tamén visualizaron vídeos sobra a vida e obra de Vincent Van Gogh, para logo reproducir dúas das súas obras máis características, "A noite estrelada" e "Os xirasoles"
Logo realizaron debuxos seguindo instrucións da canle: Arts for kids hub
No segundo e terceiro ciclo relaizaron debuxo libre creando Doodles.
Tamén levaron a cabo debuxos de ilusión óptica con efecto 3D.
Despois tocou despedir a nosa Auxiliar de conversa, Nadia, que regresa ao seu país, e o alumnado agradeceu a súa colaboración e axuda con diferentes tipos de tarxetas.
Nadia preparoulles diferentes xogos e retos como xornada de despedida. Grazas, Nadia!! Moita sorte!!
O alumnado de 6º nestas últimas semanas estivo a realizar murais para a celebración do mes do orgullo LGTBIQ+, así coma un obradoiro de pulseiras e chaveiros.
Esta semana, nas tardes do martes e o xoves, levaronse a cabo as actuacións e exhibicións dalgunhas das actividades extraescolares que se realizaron no centro ao longo do curso, a cargo da ANPA.
Deixo aquí un resumo da actuación do grupo de baile, patinaxe, teatro e xadrez nas que participan algunhas das nosas estreliñas.
Ademais da campeona do torneo da actividade de xadrez.
PARABÉNS!! Un gran traballo tanto por parte das monitoras coma do alumnado.