martes, 26 de novembro de 2019

25 de NOVEMBRO: UNHA DATA ESPECIAL

Hoxe as nosas estreliñas tiveron moitas sorpresas, dúas contadoras de contos moi especiais, a nai de Auria, Susana, que nos contou o conto "Que fastidio ser princesa" e a nai de Xulia, Ester, co conto "A historia dos Bonobos con lentes", co gallo da celebración do día da non violencia cara as mulleres, pero sobre todo a defensa polo respecto das persoas e a súa diversidade.
Ademais o mural "PON AS GAFAS VIOLETA", que estiveron a facer ao longo da semana pasada coa colaboración dos compañeiros de 2º, foi colocado na entrada do Centro, xunto coas mensaxes en post-it e as fotos realizadas coas gafas violeta. Ademais participaron dos contos de Pablo e as historias organizadas pola ANPA












luns, 18 de novembro de 2019

VISITA AULA DA NATUREZA RÍO MIÑO: HORTO DE INVERNO

O pasado venres, día 15 de novembro, as nosas estreliñas saíron de novo de excursión, desta foron visitar a Aula da Natureza do Río Miño para coñecer o Horto de inverno, e alí aprenderon moitas cousiñas que seguiremos a practicar na nosa aula. 
Para ver o resumo da actividade clicar na seguinte imaxe:








venres, 15 de novembro de 2019

SAÍDA AO AUDITORIO

O pasado día 13 de novembro as nosas estreliñas, xunto co alumnado de E. Infantil e 2º de E. Primaria foron ao Auditorio ver a obra de teatro "The tin soldier", ofertada polo concello e solicitada pola mestra de Lingua Inglesa. A continuación un pequeno resumo desta actividade.




xoves, 14 de novembro de 2019

TRABALLIÑOS SOBRE O OUTONO

Dende o comezo do outono as estreliñas estiveron moi atarefadas aprendendo algún vocabulario desta estación. Primeiro foi cunha presentación en vídeo, logo crearon pequenos Lapbooks con ilustracións, despois tocou escribir e falar, e fixérono moi ben, empregando as tres linguas nas que están a traballar, queda recollido tamén en libriños de papel que xa levaron para a casa e a partires dos que se elaboraron os seguintes vídeos





martes, 12 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

O pasado día 8 de novembro as nosas estreliñas celebraron a festa do Magosto, un chisco diferente do programado por mor do tempo; pero grazas a un grupo de mestras do Centro, que escenificaron o conto "O Papón", actividades na aula e xantar no comedor, a festa resultou moi agradale.
A continuación unha mostra deste día:




venres, 1 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019

Onte no CPI Plurilingüe José García García o alumnado celebrou a festa do Samaín, para os ingleses Halloween, e aquí queda unha mostra de como o celebraron as estreliñas de 1º de E. Primaria e a súa aportación á ambientación da aula e do recuncho da entrada.