Amosando publicacións coa etiqueta Saúdos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saúdos. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de abril de 2020

NOVOS SAÚDOS

Estes días chegaron dous novos saúdos, pouco a pouco imos contactando e sabendo que estamos todos ben. Estas son as grandes novas que nos gusta recibir e compartir, unha gran ledicia, comparto aquí para que saibades que TODO VAI BEN.
Ademais hoxe un moi especial, porque ademais de enviar saúdos para todos comparte o muíño de vento azul en apoio no día de hoxe a todos os compañeiros que son autistas, grazas Martín, Alex e Maxi que tamén enviaron o seu traballiño.

xoves, 26 de marzo de 2020

SAÚDOS ESPECIAIS DAS MIÑAS ESTRELIÑAS

Bos días! 
Hoxe son uns bos días moi especiais, onte estiven xuntando as fotiños enviadas, e aquí vos deixo estes saúdos tan especiais, para min foi unha gran ledicia vervos e saber que todo vai ben, iso é o máis importante. Ánimo que xa queda un día menos para darnos apertas de verdade.
De momento aquí quedan estes saúdos especiais, que os disfrutedes tanto coma min. MOITAS APERTAS!!!
Esquecía, hoxe non vou propor tarefa, só vou actualizar recursos nas pestanas.


martes, 24 de marzo de 2020

UN RETO PARA AS MIÑAS ESTRELIÑAS

Ola, estreliñas e familias!
Hoxe chego a cita un chisco tarde, estiven elaborando material en vídeo para compartirvos sobre os temas que levamos traballado, pero hoxe a rede vai un chisco lenta, e mentres... eu estiven a matinar.
Ánimo que xa imos polo noveno día nesta situación!! 
Hoxe decidín que non ía publicar tarefas escolares, hoxe entroume moita morriña, bótovos moito de menos.
Así que vou a proporvos  un reto, para vós e a vosa familia, pois ides precisar dun chisco de axuda. 
Lembrades que me gusta moito compartir as vosas fotos facendo cousiñas, ben pois o que me gustaría e que fixerades unha foto vosa ou en familia, con mensaxe ou sen ela, e logo enviala ao correo: esther.mende19@gmail.com
Por último, unha vez recibidas compártoas aquí, deste xeito podemos seguir a vernos todos e enviarnos saúdos e apertas virtuais, de momento, cando isto remate vou darvos moooiiitas apertas, desas de verdade que vos sabedes dar.

Empezo eu: