ARTS AND CRAFTS

ARTS: SETEMBER-OCTOBER

Durante os meses de setembro e outubro, ademais de despedir e dar a benvida respectivamente, as nosas Auxiliares de Conversa, Vee e Nadia; comezamos as tarefas relacionadas coa materia de Arts.

Así o noso alumnado comezou por facer as portadas dos seus cadernos e a decoración sobre a Liña temática deste curso: "A nosa viaxe na máquina do tempo", mural e os seus elementos, correspondentes a este trimestre, idade Antiga, centrándose primeiro na arte exipcia (alumnado do 2º e 3º ciclo).

Os do 1º Ciclo comezaron a traballar co punto e a liña, seguindo a Hervet Tullet.

Ademais todos realizaron elementos de decoración para o Samaín, seguindo instrución da nosa Aduxiliar, Nadia.

ARTS: SETEMBER-OCTOBER de Entre estrellas que iluminan

 
AS NOSAS AUXILIARES DE CONVERSA

No mes de outubro despedimos a nosa Auxiliar de conversa, Vee, que estivo no centro durante dous cursos axudando e colaborando na mellora do inglés do noso alumnado.

Dende aquí, agradecemos a súa colaboración e desexámoslle moita sorte no regreso ao seu país, Filipinas, sempre estará nas nosas lembranzas.

E tamén tocou dar a benvida a Nadia, a Auxiliar de conversa que nos acompañará este curso, que vén de Minnesota-EEUU, e que iremos coñecendo ao longo do curso.

Auxiliares de Conversa de Entre estrellas que iluminan

 
ARTS IN JUNE
Arts in June de Entre estrellas que iluminan
ARTS IN MAY

O mes de maio resultou un chisco apurado, entre celebracións e saídas do centro, motivo polo que nalgún grupo faltaron sesións.

Comezaron o mes facendo flores e tarxetas para o día da nai, con elementos de refugallo.

Logo realizaron debuxos ben seguindo instrucións da mestra ou da web: https://www.youtube.com/@artforkidshub , coa fin de repasar vocabulario.

Tamén traballaron simetrías e xeometría como repaso dos diferentes pintores traballados, así como elementos decorativos para as graduacións.

Arts May de Entre estrellas que iluminan
ARTS IN APRIL
ARTS IN APRIL de Entre estrellas que iluminan
ARTS IN MARCH

Este mes arancou coa celebración do Día da Muller, e dende Arts para colaborar no mural, e a súa vez traballar os contidos correspondentes á materia; así traballaron sobre a ilustración, elixindo a unha muller representativa, Clara Cerviño, sobre a que investigaron tamén na materia do Proxecto Competencial e logo realizaron algunhas das súas ilustracións empregando a técnica da cor con acuarelas.
Os máis pequenos debuxaron sobre as mulleres máis importantes da súa vida e as súas profesións, repasando así vocabulario en inglés sobre esta temática.
Logo seguindo co proxecto "Creando Xuntos" os maiores decoraron, empegando a técnica de creación de Doodles, un cuarto de círculo para logo facer unha composición conxunta.
As últimas semanas entre obradoiros, charlas e saídas estivemos moi atareados, e en Arts participaron na actividade interetapas da "I Semana da Historia" na que o alumnado de 4º da ESO dirixiu obradoiros para os seus compañeiros de Infantil e Primaria sobre creación de máscaras, papiroflexia e estudo de cadros antigos a a partir dos que o alumnado creou a súa propia versión. Todo un éxito. MOITAS GRAZAS, unha gran experiencia.
ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

ARTS IN FEBRUARY

Durante o mes de febreiro na materia de Arts o alumnado estivo colaborando coa elaboración dos disfraces e complementos para o desfile de Entroido, aproveitando para traballar conceptos e técnicas da materia como foi o estampado e deseño.

Á volta do Entroido comezamos co deseño con diferentes tipos de liñas creando Doodles ao tempo que realizaron mural para o Día de Rosalía.

Ademais remataron o mes participando nun obradoiro de Biblioteca Creativa co ilustrador e escritor Pablo Otero, creando trebellos con elementos de refugallo, publicación realizada na web do centro:  https://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/node/2124

ARTS IN FEBRUARY de Entre estrellas que iluminan

ARTS IN JANUARY

Durante o mes de xaneiro o alumnado de Primaria na materia de Arts realizaron tarefas sobre Joan Miró e Keith Haring co gallo tamén de traballar temas de convivencia e Paz.


ARTS IN JANUARY de Entre estrellas que iluminan

TARXETAS DIXITAIS DE NADAL

Este curso ademais do tradicional concurso de Tarxetas de Nadal, convocado en colaboración coa Biblioteca escolar, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria tamén elaborou tarxetas dixitais a través da aplicación Canva no seu formato gratuíto, a continuación unha mostra:

TARXETAS DIXITAIS de Entre estrellas que iluminan
ARTS IN DECEMBER

Durante o mes de decembro o alumnado, ademais de participar na elaboración do proxecto colaborativo interetapas da árbore de Nadal tamén realizou decoración de corrredores con estrelas a partir de xornais e cartóns, así como decoración de bolas para a árbore imitando artistas como Kandinsky, Miró, Romero Britto, Yayoi Kusama ou Mondrian.

E unha árbore de Nadal ao estilo Kandinsky para o taboleiro da Aula de Plástica.


ARTS IN DECEMBER de Entre estrellas que iluminan
ÁRBORE COLABORATIVA INTERETAPAS de Entre estrellas que iluminan

ARTS IN NOVEMBER

O alumnado de Primaria durante o mes de novembro, na materia de Arts, ademais de colaborar na decoración para a celebración do Magosto, publicado xa con anterioridade. 

O alumnado de 1º e 2º estivo creando personaxes divertidos con anacos de papel con diferentes tipos de grafías seguindo a Hervé Tullet e tamén participaron no mural do 25 N "A muller é ...respéctaa"

O alumnado de 3º e 4º participaron na decoración do mural base, que representa a Liña Temática do centro deste curso, con estrelas e bolboretas de papel de xornal pintadas con liñas e puntos imitando a Yayoi Kusama e Andy Warhol ao estilo Pop Art, ás que engadiron palabras que definen como debemos ser e comportarnos para erradicar a violencia, co gallo da celebración do 25 N. 

O alumnado de 5º e 6º deseñou carteis alusivos ao día, tamén crearon un mural tipo Pop Art con xornal e siluetas femeninas con palabras que definen as mulleres do seu entorno.

A continuación un resumo:

Arts in november de Entre estrellas que iluminan

MAGOSTO-ROASTED CHESTNUTS

Nesta semana o alumnado, na materia de Arts, colaborou na decoración dos corredores cun mural con castañas e follas decoradas, empregando tizas pastel coa técnica do difuminado, puntos e liñas empregando rotuladores.

MAGOSTO-CHESTNUT ROASTING de Entre estrellas que iluminan
OCTOBER ART WORKS

En outubro continuamos coa parte teórica, neste caso a liña e as súas formas e características na parte plástica. A práctica levouse coas tarefas de decoración para a celebración do samaín no centro. 

ARTS NOTES- LINE de Entre estrellas que iluminan
HALLOWEEN ART PROJECT de Entre estrellas que iluminan
TAREFAS COS ELEMENTOS E CORES BÁSICAS/TASKS WITH BASIC ELEMENTS AND COLORS
ARTS NOTES- THE DOT de Entre estrellas que iluminan

TAMÉN INTRODUCIÓN Á LIÑA TEMÁTICA DESTE CURSO COS SEUS PROPIOS DISEÑOS:



 



OBRAS PINTORES MODERNOS
OBRAS PINTORES MODERNOS de Entre estrellas que iluminan

 ARTS WORK IN APRIL-TAREFAS DE PLÁSTICA EN ABRIL

Resumo de traballos realizados na materia de Arts durante o mes de abril.


Arts Works April de Entre estrellas que iluminan

ARTS WORKS IN MARCH-TRABALLOS DE PLÁSTICA EN MARZO

Cun chisco de retraso chega o resumo dos traballos realizados na materia de Arts durante o mes de marzo.

Este mes xirou arredor das celebracións do 8M, Día da Poesía e Árbore, e para rematar trimestre a Pascua, relacionándoos sempre co estudo de pintores modernos (Kandinsky, Picasso, Klimt, Yayoi Kusama ou Romero Britto)

Ademais o alumnado de 5º de Primaria xunto co de 4º da ESO foron a Coruña para visitar dúas exposicións (Mostra de ilustración Contemporánea, Imaxinaria, e a outra sobre Proxecto Polaroid) como introdución ás tarefas do 3º trimestre sobre traballo con imaxe e audivisual.

ARTS WORKS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

RESUMO ACTIVIDADES FEBREIRO/ARTS WORKS OF FEBRUARY

A continuación un resumo das actividades realizadas na materia de Arts, dende 1º a 6º de E. Primaria a longo do mes de febreiro.

Relacionando os contidos coa liña temática de centro, decorando as portas das aulas con cenefas ao estilo Celta, e coas celebracións levadas a cabo este mes no Centro, Entroido e Rosalía. Así realizaron con materiais de refugallo os Compadres e Comadres que logo correron no patio. Tamén participaron en parte da elaboración dos seus disfraces de Castrexos e Romanos, e para a celebración do día de Rosalía tamén se fixeron flores para decorar a árbore do mural da entrada e para intercambio de rosas con poema entre ciclos, con xornais e rolos de papel. Traballando así conceptos de Xeometría.

ARTS WORKS OF FEBRUARY de Entre estrellas que iluminan
ADIVINA EL CUADRO

A continuación unha actividade realizada en Genially e compartida dende a web Viva Nuestra Energia, para repasar cadros e pintores famosos. 
PREME NA IMAXE para resolver actividade:



RESUMO MATERIA DE ARTS DE XANEIRO/ARTS IN JANUARY

A continuación un resumo das tarefas realizadas durante o mes de xaneiro na materia de arts, que xiraron arredor do comezo de trimestre e nova estación, conceptos básicos de xeometría e o Día da Paz.


ARTS IN JANUARY de Entre estrellas que iluminan

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE PINTORES MODERNOS

O alumnado de 5º de E. Primaria, na materia de Arts estivo a investigar sobre pintores modernos e algúns deles remataron a súa investigación cunha presentación que se pode ver a continuación. 

Student work on modern painters de Entre estrellas que iluminan

RESUMO ACTIVIDADES PLÁSTICA EN DECEMBRO-ARTS IN DECEMBER

Ao longo do mes de decembro na materia de Arts o alumnado de Primaria participou na elaboración de postais de Nadal, segundo a temática deste ano, arredor da obra de Picasso, por ser o 2023 o 50 aniversario do seu falecemento. Para isto primeiro presentouse a vida e obra deste autor e foron elaborando as súas tarxetas segundo o seu nivel, dende traballar con cores e formas ata rematar nos derradeiros cursos con tarxeta dixital  a través do office impress. 

Colaborando tamén na decoración do centro con motivos de Nadal e materiais de refugallo, segundo a obra de Picasso.

Coa nosa Auxiliar de conversa, Mss Vee, o alumnado de 4º de 5º realizaron o típico "Parol" Filipino.

ARTS IN DECEMBER de Entre estrellas que iluminan
TRABALLOS DE PLÁSTICA EN NOVEMBRO-ARTS IN NOVEMBER

Durante o mes de novembro o alumnado, na materia de Arts e coa colaboración da Auxiliar de conversa Vee, participou na elaboración do mural para a festa do Magosto, puntos de lectura alusivos, debuxos seguindo a obra de Yayoi Kusama, para rematar coa participación no mural e puntos de lectura con mensaxes sobre o tema do 25 N.

A continuación o correspondente resumo:

ACTIVITIES OF NOVEMBER de Entre estrellas que iluminan

MONSTERS FOR HALLOWEEN-MONSTROS PARA O SAMAÍN

Nestas últimas semanas, dende a materia de Arts, o alumnado colaborou na decoración do centro para a festa do Samaín con materiais de refugallo, coma os cartóns e os periódicos.

A continuación un pequeno resumo:

MONSTERS !! de Entre estrellas que iluminan

AUTUMN MURAL/MURAL DE OUTONO

Ao longo do mes de outubro, entre outras tarefas, todo o alumnado de Primaria, na materia de Arts e de xeito colaborativo, estivo a realizar murais coa temática de outono, que aínda están por rematar.

Na súa elaboración traballaron tanto na aula coma no corredor empregando distintas técnicas e materiais de refugallo, segundo o seu nivel.

A continuación unha mostra do proceso:

AUTUMN MURAL de Entre estrellas que iluminan

PUNTOS DE LECTURA MONSTRUOSOS/MONSTER BOOKMARKER

No día de onte, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 6º de Primaria, durante a clase de Arts realizou puntos de lectura con forma de monstros por estar tamén na semana do Samaín.

A continuación unha monstra desta actividade e o seu resultado, exposto na Biblioteca do centro.


PUNTOS LECTURA-BOOKMARKERS de Entre estrellas que iluminan

ELEMENTOS BÁSICOS DE PLÁSTICA E PINTORES A COÑECER/BASIC ELEMENTS OF ART AND PAINTERS 

Comezou o trimestre, con moito traballo e sen tempo de actualizar o blog, hoxe achego un pequeno resumo do que xa se está a traballar na materia de Arts e que se extenderá ao longo do trimestre.


PAINTERS TO LEARN AND PRACTICE de Entre estrellas que iluminan
ART WITH BASIC ELEMENTS de Entre estrellas que iluminan

ABSTRACT OF JUNE ARTS CLASS/RESUMO DA CLASE DE PLÁSTICA EN XUÑO

Durante o mes de xuño ademais de ir rematando tarefas pendentes, como foron as bandas de cómic, tamén pintaron pedras para decorar o noso Horto, así como flores, abellas, paxaros... con distintos materiais de refugallo segundo o curso, o alumnado de 6º realizou tamén unha adaptación do poema IF de Kipling con ilustración e voz do alumnado e o auxiliar de conversa Danish Mohamed, e para rematar un mural colaborativo para a decoración da Festa de Fin de curso.

A continuación o resumo:


IF de Entre estrellas que iluminan

ABSTRACT OF MAY ARTS CLASS/RESUMO DA CLASE DE PLÁSTICA EN MAIO

Os contidos curriculares das clases de Arts durante o mes de maio foron adaptados á celebración das distintas celebracións: Maios, día da Nai, Cómic, ser mitolóxico, a viaxe das bolboretas, Letras Galegas e a arte abstracta e os seus representantes.

A continuación as seguintes mostras:






TASKS AS ABSTRACT PAINTERS de Entre estrellas que iluminan

HOW TO MAKE A "MAIO"-COMO FACER UN MAIO-OBRADOIRO

Este xoves o alumnado de 5º de E. Primaria participou nun obradoiro para a confección dun Maio, ofertado polo Concello dende o seu Programa Educativo, dentro do apartado Educación Artística na Escola. 

Aproveitamos esta saída para facer o percorrido a pé e así repasar as normas de Seguridade Viaria.

Alí o alumnado recibiu formación dos monitores para logo traballar por grupos, limpeza do mofo, colocación na estrutura e ao remate elaboración das coplas que cantaron, e contaron na entrevista posterior, realizada polos reporteiros de TeleMiño.

A continuación un resumo desta actividade:


COMO FACER UN MAIO de Entre estrellas que iluminan

ART WORKS IN APRIL-TRABALLOS DE PLÁSTICA EN ABRIL

Durante o mes de abril na materia de Arts o alumnado realizou traballos realcionados coa Pascua-Easter, ovos de Pascua-Easter eggs, para decorar os corredores; para  a semana do Libro puntos de Lectura-Bookmarkers relacionados coa nosa liña temática do Horto, cada grupo co seu froito, ademais de relacionar sempre coa educación para a sostibilidade empregando materiais de refugallo, neste caso o xornal. Tamén estiveron realizando traballos no block con debuxos sobre a natureza e a primavera.

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria ademais de continuar co seu traballo cos equipos Abalar sobre os distintos pintores abstractos tamén estivo rematando diferentes cómics para exposición na semana do Libro.

APRIL ARTS de Entre estrellas que iluminan
WORKS ON ABSTRACT PAINTERS de Entre estrellas que iluminan
CÓMICS de Entre estrellas que iluminan

RESUMO DAS TAREFAS DE PLÁSTICA EN MARZO/ARTS IN MARCH

A continuación un breve resumo das tarefas realizadas en marzo na materia de Arts, celebracións especiais e autores abstractos coma Joan Miró.


ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

DÍA DO CÓMIC

Hoxe, 5 de marzo, na celebración, por primeira vez, do Día do Cómic quería deixar aquí un enlace a web do Cómic, premendo na imaxe pódese acceder a toda a información e actividades celebradas no día de hoxe, porque a maior parte destas actividades será complicado asistir por levarse a cabo noutras provincias. 

Por iso deixo aquí este enlace que ten un montón de actividades on line. A pasalo moi ben!! Esta semana en Arts faremos algo para celebralo.😉



FEBRUARY ART WORKS/TRABALLOS DE PLÁSTICA DE FEBREIRO

O alumnado de E. Primaria, na materia de ARTS durante o mes de febreiro, de 1º a 4º continuaron a traballar coas cores primarias e secundarias con distintos materiais, e estudando os pintores (Miró e Vincent Van Gogh), en 5º e 6º continuaron a investigar sobre pintores de arte abstracta do último século, a súa obra e técnica. Ademais todos participaron en traballos para a celebración do día do Amor e a Amizade cos que decoraron a Biblioteca; así como o Entroido, coa confección de caretas con mateiais de refugallo e os compadres e comadres.

A continuación coma sempre un resumo:

FEBRUARY ART WORKS de Entre estrellas que iluminan

DÍA DO AMOR E A AMIZADE-LOVE AND FRIENDSHIP' DAY

Hoxe a Biblioteca do centro lucía fermosa grazas ao traballo de todo o alumnado de E. Primaria que dende 1º ata 6º traballaron na decoracións de corazóns nunha mistura de Mondrian e Romero Britto con pequenas mensaxes en inglés. 

A continuación unha mostra:


14 FERBRUARY LOVE AND FRIENDSHIP'S DAY de Entre estrellas que iluminan
TRABALLOS DE PLÁSTICA EN XANEIRO/JANUARY ART WORKS
A continuación un resumo das tarefas da clase de Arts durante o mes de xaneiro, algúns propios da materia e outros para o mural da Paz:
  • Na aula de 1º de E. Primaria:
JANUARY ART WORKS de Entre estrellas que iluminan

  • Na aula de 2º, 3º e 4º de E. Primaria ademais de traballar a roda das cores básicas e secundarias seguiron o seguinte titorial de Arts for kids Hub







January arts works de Entre estrellas que iluminan

  • Nas aulas de 5º e 6º de E. Primaria:
O alumnado destas aulas está a traballar por parellas realizando unha tarefa de investigación sobre pintores modernos a partir dunha presentación dada do libro: "Dibuja pinta e imprime como los grandes artistas" de Marion Deuchars, editorial Coco-Books


Dibuja y crea con Pintores famosos - Kizoa Movie Maker
DRAW, PAINT AND PRINT LIKE THE GREAT ARTISTS de Entre estrellas que iluminan 

E tamén participaron elaborando paxariños de origami, con mensaxes para o mural da Paz:
PEACE MURAL-MURAL DA PAZ de Entre estrellas que iluminan

CHRISTMAS ARTS CLASS/TRABALLIÑOS DE NADAL

O alumnado de primaria durante o mes de decembro estivo moi atarefado na materia de Arts colaborando coa decoración da Horta e do Centro, empregando distintas técnicas e materiais segundo o seu nivel.

Decoraron bolas de Nadal en cartolina e con perchas e lás, cordel, fitas..., froitos para a cesta do Apalpador, estrelas con vimbios, trasnos con pasta de modelar e cortizar de refugallo e pauciños.

A continuación unha pequena mostra, pois estivemos tan entretidos cos distintos traballiños que esquecemos facer fotos.


DECEMBER ARTS CLASS - Kizoa Movie Maker

CELEBRANDO O 25 N E A IGUALDADE

Co gallo da celebración do 25N, Día na loita contra a violencia de xénero e ademais traballando pola igualdade, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria na materia de Arts estiveron adaptando o conto "O PAÍS DO GRAN FURADO", ilustración e voz, tamén coa colaboración do noso auxiliar de conversa Danish Mohamed tamén se realizou en inglés.

Ademais en todos os cursos debuxaron as súas mans decorándoas e escribindo unha palabra para completar o lema : "As mulleres queren.../The women want.." para colocar na entrada do Centro nun gran lazo e cantaron a canción "Da mesma raíz"


O GRAN FURADO-GALEGO - Kizoa Movie Maker

O PAÍS DO GRAN FURADO-INGLÉS - Kizoa Movie Maker

25 N 2021-THE WOMEN WANT.. - Kizoa Movie Maker

CONCURSO DE POSTAIS/ CHRISTMAS CARDS COMPETITION

Dende a materia de Arts o alumnado participou no concurso de postais que cada curso convoca a ONU, sendo este ano internacional do  Vidro, tema arredor do que se crearan as postais de Nadal, ademais dende esta materia repasáronse obras de pintores destacados e a través das que se podía relacionar co tema. Estas foron:


CHRISTMAS CARDS COMPETITION 2021 - Kizoa Movie Maker

DECORATED WITH CHESTNUTS FOR MAGOSTO/DECORACIÓN CON CASTAÑAS PARA O MAGOSTO
Coñecendo pintores famosos que usan técnicas cubistas e de Pop Art, como Yayoi Kusama e Romero Brito, con pinturas e debuxos interesantes para o alumnado. 
A continuación uns vídeos destes artistas e algúns traballiños do noso alumnado contribuindo dende a materia de Arts na decoración do centro para a celebración do Magosto.






OS NOSOS FROITOS MONSTRUOSOS

Nesta última semana para relacionar a temática do Halloween coa materia de Arts e o proxecto da liña temática do centro "Medra o o horto e medramos nós", en cada aula de primaria trasformaron o seu froito correspondente en monstruo. 

Respasando así o vocabulario dos froitos do noso horto, así como distintas técnicas. En 1º de E.Primaria o traballo foi colaborativo, creando un Carrot Monster entre todos con materiais de refugallo. En 2º de E.Primaria a técnica foi o collage para crear diferentes Strawberry Monster. Nas aulas de 3º, 4º, 5º e 6º empregaron debuxo libre para crear os seus monstruos: Raspberry Monster, Medicinal Plants Monster, Potatoe Monster e Chestnut Monster, respectivamente.

A continuación unha mostra destes traballiños:



COMPOSITION WITH DIFFERENT LEAVES

O alumnado de E. Primaria estivo realizando diferentes composicións coas follas das plantas do froito correspondente, segundo a liña temática do centro "Medra o horto e medramos nós". A continuación unha mostra destes traballiños.




NO NOSO HORTO FLORECEN LENDAS

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, para festexar que despois dun ano con moitas medidas, por mor da Covid, se volve á normalidade aínda que mantendo algunhas medidas e en relación coa liña temática do centro para este curso, "Medra o horto e medramos nós", o alumnado por curso estivo elaborando a súa planta ou froito correspondente na clase de Arts.

O pasado luns 25 de outubro na Biblioteca do Centro, un grupo do alumnado de atención á diversidade rematou a tarefa, facendo as letras do lema para o mural e realizando a montaxe, que fianlmente se colocou nunha parede do patio da entrada.



DOTS AND CIRCLES/PUNTOS E CÍRCULOS

Arrancou novo curso escolar coa materia de ARTS en todos os cursos de E.Primaria. Este curso contamos coa colaboración dun novo Auxiliar de Conversa, Danish Mohamed que chegou dende a India.
Para comezar, como repaso para uns e inicio para outros o alumnado estivo a traballar coa técnica do puntillismo a través do punto e o círculo. A continuación  un vídeo introductorio e logo unha mostra do traballo realizado polo alumnado.




DECORATION FOR THE GARDEN/DECORACIÓN PARA O XARDÍN E A HORTA
Durante os meses de maio e xuño ademais da celebración do día da nai e do traballo para as Letras Galegas na materia de Arts tanto o alumnado de 1º coma 2º realizou elementos decorativos para o xardín e o noso horto, como muíños de vento, móbiles e trampas con materais de refugallo e así traballar a reciclaxe.


DECORATION FOR THE GARDEN - Kizoa Movie Maker
MOTHER'S DAY/DÍA DA NAI
A semana pasada tanto o alumnado de 1º coma de 2º de E. Primaria na materia de Arts estiveron a realizar dúas actividades para  agasallar as súas nais no seu día. o domingo pasado.
Aproveitouse para repasar vocabulario de cores, accións e o tema dos Súper heroes.
Fixeron unha tarxeta coas súas mans e cunha mensaxe en lingua inglesa "Mom I love you, this much!", ademais as esteliñas de 2º crearon unha marioneta personificando as súas nais coma Súper heroinas.
A continuación unha mostra destas actividades:

MOTHER'S DAY - Kizoa Movie Maker

SPRING ARTS AND CRAFTS/TAREFAS DE PRIMAVERA

Co comezo da primavera o alumnado de 1º E. Primaria realizou nubes, chuvia, sol e flores para decorar a súa aula, repasando así o vocabulario correspondente.

SPRING ARTS AND CRAFTS - Kizoa Movie Maker

HAPPY EASTER

A semana pasada co gallo da celebración da Pascua/Easter, tanto o alumnado de 1º coma 2º de Primaria crearon un mural na clase de Arts (o bosque do coello e os ovos de Pascua), ademais o alumnado de 1º levou para casa unha tarxeta de felicitación (Happy Easter) con forma de coello que elaboraron a partir da plantilla da man de cada un, que logo decoraron. 

A continuación unha mostra:


EASTER 2021 - Kizoa Movie Maker

TIP TAP TOE FOR DAD
A semana pasada as estreliñas estiveron facendo o agasallo para o día do pai, que quedou pendente do curso pasado a causa da COVID. Premendo na palabra AQUÍ, pódese ver as instrucións para esta actividade que foron publicadas entón.
A continuación o resultado deste curso:


TRES EN RAIA-TIP TAP TOE - Kizoa Movie Maker

SAINT PATRICK AND FAHER'S DAY

Nesta semana tanto o alumnado de 1º coma 2º na materia de Arts estiveron a traballar sobre as dúas festividades que se celebran, hoxe mércores 17 de marzo, Saint Patrick's Day e o venres 19 o Día do Pai, que como a materia é biblingüe o alumnado creo un Superhero Dad to the Best Father.
Ademais deixo un vídeo que lles gustou moito con instrucións para debuxar o duende típico Irlandés, A Leprechaun.
Con todo o material elaborado fixemos un mural no corredor de acceso á aula.


ST PATRICK AND FATHER DAY-ARTS CLASS - Kizoa Movie Maker


VALENTINE'S DAY

Nesta semana, ademais das tarefas de Entroido, o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria estivo a traballar na actividade dun mural colaborativo na materia de Arts, coa creación dunha tarxeta, na que pegaron un corazón vermello rodeado de palabras en L. Galega e en L. Inglesa relacionadas coa Amizade e o Amor: Amigo-Friend, Amor-Love, Axudar-Help, Respecto-Respect, Contento-Happy, Sorriso-Smile.



PEACE DAY



WORKING AT CHRISTMAS

Unha mostra das tarefas do alumnado de 1º e 2º na materia de Arts no Nadal.


WORKING AT CHRISTMAS 1st AND 2nd - Kizoa Movie Maker

WORKS 1st AND 2nd COURSES-1st TERM

Na seguinte presentación aparece un resumo dos traballos realizados polo alumnado de 1º e 2º de Primaria na materia de Arts & Crafts no 1º trimestre, partindo do punto, liñas e formas seguindo a Joan Miró e tamén do conto "El Punto" de Peter H. Reynold, ademais dos traballos de cada festividade como outono, Samaín, 25 N e Christmas.


1ST TERM ARTS&CRAFTS 1ST - Kizoa Movie Maker


ARTS & CRAFTS 2nd 1st TERM - Kizoa Movie Maker

CHRISTMAS: HOW TO MAKE A RUDOLPH

Na semana de Nadal tanto o alumnado de 1º coma o de 2º ademais de colaborar coa decoración do corredor e da aula, fixeron dous modelos da cabeza dun reno (Rudolph a red nose reindeer) con materiais de refugallo para decorar a súa árbore de Nadal.


THANKSGIVING: HOW TO MAKE A TURKEY HAT

Esta semana as estreliñas e o alumnado de 1º realizaron un sombreiro pavo (Turkey hat) para celebrar o Día de Acción de Gracias (Thanksgiving)


Os traballos realizados na materia de Arts deste trimestre partirán deste conto, ademais das obras dos artistas como Joan Miró, Kandinsky...



LER E DEBUXAR/READ AND DRAW
Para rematar a semana e que pasedes unha boa finde unha sóa tarefa para traballar lectura e plástica. No enlace de hoxe hai un documento que podedes imprimir ou copiar e facer en folio ou no caderno. A tarefa está basada nun conto "Árbol" de Antonio Rubio e Óscar Villán da editorial Kalandraka, o libro está escrito en castelán, eu traducino ao galego e ao inglés, pero deixeino sen imaxes porque o ides ilustrar vós. Premede AQUÍ
Así que ánimo, seguro saen uns libriños moi chulis, e gardádeos ben que cando volvamos ao cole preparámolos e doámolos, como xa fixemos con outros.

RESULTADOS DA PROPOSTA DE DEBUXAR E REPASAR VOCABULARIO ANIMAIS-ANIMALS

Deixo aquí unha montaxe cos traballiños, que fixeron tanto o alumnado de 1º coma o de 2º de E.Primaria, sobre a proposta na materia de Plástica-Arts&Crafts para debuxar e repasar vocabulario sobre os animais.


ESCOITA, REPITE E DEBUXA ANIMAIS-LISTEN, REPIT AND DRAW ANIMALS

Un repasiño de vocabulario dos animais nas tres linguas que traballamos, galego, castelán e inglés, ademais de unhas instrucións para debuxalos, pero son moitos para unha vez, así que escolledes dous, dos que máis vos gusten, e debuxades no caderno. Para ver mellor os debuxos premede AQUÍ



ARTS ACTIVITY ABOUT GALICIAN LETTERS/ACTIVIDADE PLÁSTICA SOBRE AS LETRAS GALEGAS

En  Arts tedes o modelo e as instrucións para facer a hen/unha galiña e a cock/un galo.

Aínda que está o vídeo coa explicación na táboa do horario, tamén está AQUÍ para ver ou imprimir.


PROPOSTAS PARA PLÁSTICA
Pasan os días e hoxe comezamos novo mes, Maio, coas súas flores, xa di o refán: "Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso".
E como o primeiro domingo é costume celebrar o día da Nai e en Galicia tamén hai a tradición de creación dos maios e as coplas, que este ano coincide coa data propia, o 3 de maio.
Entón eu achégovos dúas propostas, a primeira facer unhas flores para as nais e a segunda é unha proposta que fixeron noutro cole e está compartida dende Aulas Galegas para a elaboración dun maio. Nesta web podedes atopar información: https://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios 
E dúas cancións relacionadas co tema. Ánimo e a celebrar.





REPASAR E DEBUXAR

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe achego unha tarefa coa que aprender a debuxar a partires das mans e ademais repasar vocabulario dos animais nas tres lenguas que estamos a traballar.
Despois de ver e escoitar o vídeo, realizado coas imaxes dun libriño da miña biblioteca, que xa ten uns cantos anos, podedes elixir o animal que máis vos guste para facer, aí só aparece a cabeza, vos podedes completalo e decoralo como máis vos guste; logo se podedes enviádelo ao correo para compartilo aquí como xa vimos facendo neste tempo.
Agardo o pasedes moi ben con esta actividade.




HOW TO MAKE AN EASTER BUNNY&COMO FACER UN COELLO DE PASCUA



FORMAS&SHAPES
Outro novo vídeo para repasar o vocabulario das formas traballadas; agardo vos guste e para practicar propóñovos facer un retrato usando só esas formas. Ánimo!!
E se queredes podedes compartilo no correo, logo eu xa o publico aquí para poder disfrutalo todos. Apertas!!


COLORES/CORES/COLOURS
Coa colaboración da Auxiliar de Conversa deste curso, Ellen A. Downie, estamos a elaborar materiais dixitais para repasar o vocabulario que se traballa nesta materia.
Comezamos cun vídeo para repasar as cores. A tirarlle moito proveito!!


RESUMO ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

A continuación un vídeo resumo dalgunhas das actividades levadas a cabo nas clases de plástica, nos cursos de 1º e 2º de E. Primaria.



PRESENTACIÓN
Neste apartado quedarán gardadas ideas para levar a cabo, recursos e creacións propias das estreliñas deste curso.
E para comezar algunhas cancións, atopadas na rede, para repasar vocabulario:


Ningún comentario:

Publicar un comentario