luns, 24 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Hoxe no aniversario do nacemento de Rosalia de Castro (24 febreiro de 1837), unha das pioneiras das nosas letras., comparto aquí un poema dela, "Alborada",  e a canción de Uxía "Rosalia pequeniña", que adaptei para outro centro e no que están a traballar agora as nosas estreliñas, a volta do Entroido remataremos tarefa, mentres... Lembrando a ROSALIA DE CASTRO con estes vídeos:





ENTROIDO 2020: "ANIMAIS EN PERIGO EN GALICIA"

O pasado venres, día 21 de febreiro, celebrouse no patio do CPI Plurilingüe José García García o desfile de Entroido, baixo o lema este curso: "Animais en perigo de extinción en Galicia", así o alumnado de E.Infantil participou co disfrace de Abella, 1º e 2º co de Oso pardo, 3º e 4º co de Lobo e 5º e 6º co de Vaca de raza cachena. Ademais tanto o profesorado coma membros da Anpa e familias tamén participaron disfrazados neste desfile con premio final, sendo os gañadores o alumnado de E. Infantil, Parabéns!!
A continuación, coma sempre, queda un resumo desta actividades, grazas pola participación e colaboración:

domingo, 23 de febreiro de 2020

ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO

No mes de febreiro tres das nosas estreliñas estiveron de aniversario. Sete aniños cumpridos. Así o celebramos cada un no seu día á chegada á aula pola mañá dos días: 13 Miriam, 14 Víctor e 19 Rafael. PARABÉNS PARA OS TRES!!!
A continuación un vídeo coas fotos:



venres, 21 de febreiro de 2020

PREPARANDO O ENTROIDO

Esta semana, e xa un pouco na anterior, as estreliñas de 1º e os seus compañeiros de 2º estiveron a traballar na elaboración dos disfraces para participar no desfile de hoxe ás 12.15 horas no patio do centro, así coma un mural co lema deste ano: "Animais en perigo de extinción en Galicia", abellas en E. Infantil, oso pardo en 1º e 2º, lobos en 3º e 4º e por último vacas de raza cachena en 5º e 6º, ao mesmo tempo aproveitouse para repasar vocabulario nos  idiomas que se traballan no centro.
O desfile de 1º e 2º será co ritmo da canción Entroido de Antonio Luz.





luns, 17 de febreiro de 2020

SESIÓN DE MAXIA CON DAVID MÉNDEZ

O pasado mércores día 12 de febreiro, na segunda sesión da xornada, visitou o centro o mago DAVID MÉNDEZ, agasallo da editorial SANTILLANA, coa que deleitou ao alumnado de E. Infantil, 1º, 2º E 3º DE E. Primaria.
A continuación un resumo desta actividade:

venres, 14 de febreiro de 2020

SEMANA DO AMOR E A AMIZADE

Nesta semana as nosas estreliñas están a traballar sobre o tema do Amor e a Amizade.
A continuación un resumo e uns vídeos de cancións, recollidos na rede,  que estiveron a traballar.