Este mes xirou arredor da finalización de proxectos, o alumnado do primeiro ciclo repasando construcións e os demais rematando historias e gravando, quedando por rematar as montaxes destas gravacións e edición e impresión das historias.
TAREFAS PC MAIO-curso 2023-24 de Entre estrellas que iluminanTAREFAS EN DECEMBRO
Durante o mes de decembro na materia do Proxecto Competencial, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria estivo a escribir e editar diferentes historias, relacionadas coa Liña Temática deste curso e coas diferentes festas que se levan celebrado no centro.
HISTORIAS con Eva e Wall-e.pdf de Entre estrellas que iluminan HISTORIAS DE NADAL 6º.pdf de Entre estrellas que iluminan
PARTES DUN ORDENADOR
Algunhas nocións básicas para o alumnado de Primaria, que empeza a usar o ordenador, vídeos educativos recollidos de @DiverTicDos
COMO CREAR E PROGRAMAR UN MIIBOT
Dous tutoriais compartidos dende a web de Complubot para traballar na aula e crear os nosos Miibots:
Con este traballo pódense resumir as actividades levadas a cabo polo alumnado na materia do Proxecto competencial, durante o segundo e terceiro trimestre.
O que se tratou de facer foi adaptar a programación sobre ofimática e robótica ao tema da Liña Temática deste curso no centro "Explorando e coñecendo a nosa contorna"
Deste xeito o alumnado foi investigando, dende os ordenadores, sobre a vida dos castrexos e a chegada dos romanos, e crearon documentos, practicando así algo de mecanografía e traballos básicos sobre ofimática. Tamén chegou o material dos Polos Creativos e comezaron a coñecer aos mini robots "True True" así como a súa programación tanto manual como dende a aplicación na tablet.
E pouco a pouco foise avanzando nas posibilidades deste traballo, decidindo crear unha historia que se desenvolvería no Castro de Santomé, personificando os robots como habitantes castrexos e invasores romanos. Crearon o guión, deseñaron o plano coas súas "casiñas" (cedidas polas mestra de 1º e 2º de E. Primaria, que crearon co seu alumnado). Co programa da Radio aprenderon a gravar e editar. Logo gravaron os movementos dos robots polo plano, aquí houbo que facer varios ensaios, ata por último chegar á montaxe de todo no editor de vídeo.
A continuación un vídeo da historia e outro de como se realizou.
Queda moito por aprender, pero a semente da ilusión quedou plantada para continuar e mellorar no vindeiro curso.
Grazas a este grupo do alumnado, coa súa ilusión por aprender acadou este resultado final, e a todo o profesorado que colaborou nas gravacións.
PACTO de Entre estrellas que iluminan COMO SE FIXO O NOSO VÍDEO de Entre estrellas que iluminanRESUMO 1º TRIMESTRE DA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL
Como xa comentaba na primeira entrada deste curso, ademais da materia de Arts, este curso ía impartir Proxecto Competencial en 1º, 3º e 5º de E. Primaria.
Nos primeiros días o grupo de alumnado de 1º traballou co conto "Hola Ruby y la aventura de programar" de Linda Liukas, e tamñen algunha sesión co Bee bot que nos cedeu a titora de 2º, mentres non chegaba o material solicitado aos Polos Creativos.
O grupo do alumnado de 3º estivo iniciándose na ofimática cun curso de mecanografía on line gratuito: https://www.vedoque.com/juegos/mecano/
O grupo do alumnado de 5º estivo a investigar sobre o tema da Liña Temática deste curso, "Explorando e coñecendo a nosa Contorna", sobre a historia do Castro de San Tomé, e tamén crearon historias para Radio Mende polo Samaín.
Logo tamén comezamos a traballar na web: https://www.kidlocoding.com/
Para ir aprendendo sobre robótica e programación, e xa no remate do trimestre chegou un kit de Lego, co que comezaron a montaxe de pequenos robots mecánicos.
A continuación o correspondente resumo, aínda que desta perdín algunhas fotos e vídeos, cousas da tecnoloxía, que tamén da problemas e fallos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario