Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas inglés. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

TAREFAS LINGUA INGLESA

Bos días de novo, estreliñas e familias!
A profe Manoli acaba de enviarme as últimas tarefas de inglés deste curso, coma sempre, premendo na imaxe podedes velas, agardamos disfrutedes moito aprendendo.


luns, 8 de xuño de 2020

TAREFAS LINGUA INGLESA PARA SEMANA DO 8 AO 14 DE XUÑO

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli ven de deixarme unhas tarefiñas para que fagades ao longo desta semana, xa sabedes moito, lembrade que repasou con algúns de vos o mércores durante a videochamada, ánimo que xa queda pouco para rematar o voso traballo de superheroes e estades a facelo xenial!! Parabéns!!



luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS PARA ESTA SEMANA DE INGLÉS, EDUCACIÓN FÍSICA E REFORZO

Bos días, estreliñas e familias!
As profes de inglés, Manoli, Educación Física, Ana Rosa e a profe de Apoio, Ana Belén, deixáronme para vos unhas tarefiñas, que podedes facer ao longo desta semana nos días que mellor poidades organizar. 
Premendo nas imaxes tedes acceso a cada unha. 

                               

luns, 25 de maio de 2020

TAREFAS DE INGLÉS PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli déixavos as solucións das actividades da semana pasada e as novas tarefas para esta. Premendo na imaxe podedes ver. Agardamos aprendades moito para falar en inglés na próxima vídeoconferencia.


luns, 18 de maio de 2020

TAREFAS DE INGLÉS PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli déixavos unhas tarefiñas de Inglés para esta semana, premede na imaxe para acceder, a divertirse moito facendo e aprendendo. 


luns, 11 de maio de 2020

TAREFAS INGLÉS E REFORZO DESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
Coma todos os luns chegan as tarefas da mestra especialista de Inglés, Manoli, e as de reforzo da especialista de PT, Ana Belén.
Premede nas imaxes para atopalas. Ánimo, a por outra semana, xa queda menos!!



luns, 27 de abril de 2020

TAREFAS PARA ESTA SEMANA DE INGLÉS

Bos días estreliñas e familias!
Espero que onte desedes un paseiño e o pasárades moi ben e con responsabilidade, respectando as normas coma fixestes ata agora.
E como toca comezar semana e seguir traballando un pouquiño, deixo agora as actividades da materia de lingua inglesa, que deixou a profe Manoli.


luns, 20 de abril de 2020

TAREFAS INGLÉS PARA ESTA SEMANA

Bos días estreliñas e familias!
A mestra especialista de lingua inglesa, Manoli, mandoume as tarefas para esta semana, premendo na palabra AQUÍ podedes velas, ánimo e a traballar un chisquiño.

martes, 31 de marzo de 2020

NOVAS TAREFAS DE LINGUA INGLESA

A mestra especialista de inglés envioume hoxe esta cartiña para vos:
Ola nen@s! 
O primeiro expresarvos o meu desexo de que tanto vós coma as vosas familias vos atopedes ben. 
Qué tal vai  ese traballiño? Espero que lle adiquedes algún tempo ás tarefas de inglés. 
Seguimos repasando os temas  que nos quedan ata a unidade 4:
(cores, números, xoguetes, animais, medios de transporte ).
Vades facendo pouco a pouco as fichiñas de reforzo que xa tendes, cada un ao seu rítmo,
podedes facelas escritas ou oralmente, cada un como queira ou poida según as súas posibilidades,
así como visionar os vídeos que xa tendes no Blog.