Amosando publicacións coa etiqueta Reto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reto. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2020

UN RETO DE MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Agardo sigades todos sendo uns campións e campioas, colaborando na casa, ánimo que xa vai outro día menos!! 
Mentres van chegando as fotiños de saúdos e da canción "Na casa" de Magín Blanco (preciso telas todas para xuntar a letra da canción, por certo se alguén debuxa e escribe os últimos versos que quedaron sen nome, agradezo...vós facedes mellores debuxos ca min), para a fin de semana un reto de matemáticas, a partires da foto (flores de primavera, calas) que adxunto tedes que plantexar un problema e logo resolvelo, e...cando as familias poidan, envialo ao correo.
Moitas grazas familias por estes traballiños engadidos 

E para rematar dous contiños atopados na rede que comparto con vos, abrazos e bicos:

mércores, 25 de marzo de 2020

2º RETO PARA AS MIÑAS ESTRELIÑAS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, xa vai outro día menos!!
Agardo que todos sigades moi ben.
Hoxe, mentres van chegando as fotiños da proposta de onte, algunha xa chegou...mil grazas, unha ledicia vervos...aínda que sexa a través da pantalla, vou deixarvos un novo reto, sempre para os que poidan, a semana pasada Magín Blanco, do que coñecemos polo teatro e polas fermosas cancións que a miúdo escoitamos e usamos, compuxo unha canción para estes días de encerro, a profe de música (Charo) xa lla compartiu ao alumnado da súa titoría e con todos os profes, eu vouna compartir tamén con vós e ademais propóñovos que cada un nun folio ou folla do caderno copiedes o anaquiño que vos toca e o ilustredes con eses debuxos tan chulis que facedes e os compartades a través do correo electrónico que xa vos facilitei (esther.mende19@gmail.com), e gardádeos porque a volta facemos un libriño para a Biblioteca.

Empezo eu:

ÁNIMO, MANS A OBRA!! MOITAS APERTAS!!
E LEMBRADE QUE ESTOU AO OUTRO LADO DA PANTALLA POR SE PRECISADES AXUDA
Tamén lembrarvos que se accededes ao blog dende dispositivos móbiles premendo na caixa de inicio podedes acceder as pestanas con cousiñas das distintas materias.



martes, 24 de marzo de 2020

UN RETO PARA AS MIÑAS ESTRELIÑAS

Ola, estreliñas e familias!
Hoxe chego a cita un chisco tarde, estiven elaborando material en vídeo para compartirvos sobre os temas que levamos traballado, pero hoxe a rede vai un chisco lenta, e mentres... eu estiven a matinar.
Ánimo que xa imos polo noveno día nesta situación!! 
Hoxe decidín que non ía publicar tarefas escolares, hoxe entroume moita morriña, bótovos moito de menos.
Así que vou a proporvos  un reto, para vós e a vosa familia, pois ides precisar dun chisco de axuda. 
Lembrades que me gusta moito compartir as vosas fotos facendo cousiñas, ben pois o que me gustaría e que fixerades unha foto vosa ou en familia, con mensaxe ou sen ela, e logo enviala ao correo: esther.mende19@gmail.com
Por último, unha vez recibidas compártoas aquí, deste xeito podemos seguir a vernos todos e enviarnos saúdos e apertas virtuais, de momento, cando isto remate vou darvos moooiiitas apertas, desas de verdade que vos sabedes dar.

Empezo eu: