Hoxe chego a cita un chisco tarde, estiven elaborando material en vídeo para compartirvos sobre os temas que levamos traballado, pero hoxe a rede vai un chisco lenta, e mentres... eu estiven a matinar.
Ánimo que xa imos polo noveno día nesta situación!!
Hoxe decidín que non ía publicar tarefas escolares, hoxe entroume moita morriña, bótovos moito de menos.
Así que vou a proporvos un reto, para vós e a vosa familia, pois ides precisar dun chisco de axuda.
Lembrades que me gusta moito compartir as vosas fotos facendo cousiñas, ben pois o que me gustaría e que fixerades unha foto vosa ou en familia, con mensaxe ou sen ela, e logo enviala ao correo: esther.mende19@gmail.com
Por último, unha vez recibidas compártoas aquí, deste xeito podemos seguir a vernos todos e enviarnos saúdos e apertas virtuais, de momento, cando isto remate vou darvos moooiiitas apertas, desas de verdade que vos sabedes dar.
Empezo eu:
Ningún comentario:
Publicar un comentario