Bos días estreliñas e familias!
Ánimo que xa queda un día menos! Espero que esta fin de semana, diferente a que estamos acostumados, servise para facer cousiñas en familia, falar, colaborar nas tarefas da casa entre todos e xogar moito, se foi posible un chisquiño apartados todos das pantallas.
Hoxe toca tarefa de Lingua inglesa, e como sempre, xa sabedes, organizando como mellor poidades, todas as tarefas están aquí no blog para usar no momento máis axeitado para cada familia.
A mestra de inglés, Manoli, mandoume isto que comparto aquí con vós:
"Ola nen@s! Que tal vamos? Moito ánimo que en nada xa nos volvemos a ver todos no cole.
Mándovos unhas fichas de reforzo dos temas traballados. Para empezar coa unidades 1. Se non se poden imprimir, facer o que sexa posible nun folio ou no caderno.
Recordade o enlace que vos enviei a semana pasada para consultar no noso libro as cancións,xogos, vocabulario..., a continuación suxierovos webs onde podedes atopar varios recursos axeitados.

Por si queredes contactar conmigo, este é o meu correo: mvlorenzo@edu.xunta.es
Un saúdo e que todo vaia ben.
A mestra de inglés, Manuela Vaquero"
Para ver as actividades premer na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario