domingo, 8 de marzo de 2020

8 DE MARZO: TODOS IMPORTANTES, TODOS NECESARIOS

Hoxe é unha data importante, tanto polo seu factor histórico na reivindicación dos dereitos da muller, coma a loita actual pola igualdade. Por iso esta semana as estreliñas estiveron a traballar cos Bolechas o tema da IGUALDADE entre persoas, e ademais de traballar cos libriños que nos enviou a Xunta, tamén estivemos a facer un mural co lema deste ano "8 DE MARZO XERACIÓN POLA IGUALDADE", ao que engadimos o noso lema "TODOS SOMOS IMPORTANTES, TODOS SOMOS NECESARIOS"
Ademais da Igualdade entre xéneros, (eu prefiro persoas), falamos das distintas profesións e sobre todo daquelas coas que coincidimos a diario no Centro, recordando tamén os seus nomes e os que non sabiamos preguntamos (Equipo directivo, administración, portería, cociña, limpeza, coidadoras, mestres).
Aínda que foron un xoves e un venres moi intensos, porque tamén hai que facera as materias que tocan, non demos rematado; mais non podía rematar o día sen facer esta pequena publicación en homenaxe a este día, o seu significado e a importancia do ensino en igualdade, tanto na escola coma na familia, cada día do ano. TODOS XUNTOS PODEMOS!!
A música pertence ao alumnado e profesorado doutro centro, o CEIP A Pedra, grazas por compartila.


Ningún comentario:

Publicar un comentario