venres, 20 de marzo de 2020

MATERIAL PARA TRABALLAR SOBRE A PRIMAVERA

Bos días estreliñas e familias!
O primeiro, que agardo todos sigades moi ben a pesarses deste encerro, e segundo que se precisades axuda ou aclaración estou nos correos xa facilitados, (esther.mende19@gmail.com e m.estherprieto@edu.xunta.es).
Agora veñen as tarefas, sempre recordando que non son o máis importante, só unha axuda para seguir cunha rutina de traballo e continuar aprendendo.
Como xa sabedes hoxe chega a PRIMAVERA e mañá celébrase o día da poesía, no cole xa estabamos a comezar a preparar e organizar, xa leramos o conto "A árbore da escola" e íamos facer a nosa árbore no mural, así como levar as nosas plantiñas ao Horto. 
Como todo isto vai quedar para a volta, que entre todos coidándonos moito vai ser pronto, mentres unhas
propostas:
O tronco da árbore ía ser con papel de xornal, se cada un facedes dous ou tres rolos retocidos cunha páxina do xornal xa chegaría, logo como en Primavera xa sabedes que lle medran as folliñas (no cole quedaron as plantillas en cartolina), coa metade dun folio ou nunha páxina de libreta ides facer a vosa folliña cunha poesía sobre a Primavera, así celebramos tamén o día da Poesía, logo recollémolas nun libriño para o Recuncho das Nosas Creacións na Biblioteca  do centro.
A continuación os recursos:
Como libro quedou tamén no cole, atopei isto na rede

Ningún comentario:

Publicar un comentario