CIENCIAS DA NATUREZA

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE U 6: FORZAS E MÁQUINAS

O alumnado de 4º de E. Primaria realizou por grupos o resumo da unidade para a súa posterior exposición. 

U 6 FORZAS E MÁQUINAS de Entre estrellas que iluminan
RECURSOS PARA PREPARAR UNIDADE 6

PLANTAS AROMÁTICAS

Ao alumnado de 4º de E. Primaria dende a liña temática do centro "Medra o horto, medramos nós" correspondeulle traballar coas plantas Aromáticas. Ademais de plantalas e coidalas no horto tamén fixeron investigación e crearon un libriño sobre estas plantas.

Aquí a edición dixital, pero na nosa Bilio, no andel "As nosas creacións" poderemos ollalo en formato papel.

A seguir traballando e aprendendo todos xuntos. Parabéns rapaces!!

PLANTAS AROMÁTICAS de Entre estrellas que iluminan

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 5 DE CCNN: MATERIA E ENERXÍA

O alumnado de 4º de E.Primaria estivo traballando por parellas sobre a unidade 5, "Materia e enerxía", a continuación o resultado:

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A U 5 CCNN 4º E.P. de Entre estrellas que iluminan

RECURSOS PARA A UNIDADE 5 CCNN 4º E.PRIMARIA: MATERIA E ENERXÍA

A continuación unha imaxe interactiva con recursos para preparar a unidade 5 de CCNN: Materia e Enerxía.

Premendo nos puntos accédese a distintos tipos de tarefa sobre a unidade.

TRABALLIÑOS DO ALUMNADO DE 4º E. PRIMARIA NA MATERIA DE CCNN

O alumnado de 4º de E. Primaria, co gallo da celebración do Día do Libro e como resumo de actividades levadas a cabo nesta materia, realizou Libriños con formato de Lapbooks sobre a Unidade dos Animais e outros libriños relacionados co día da Árbore e plantación da súa Cerdeira, árbore que lle tocou a eles dentro da plantación levada a cabo no centro.

A continuación unha pequena mostra de como quedaron estes libriños que se exporán na Biblioteca do centro.




TRABALLO COLABORATIVO DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 4: OS ANIMAIS

O alumnado de 4º de E. Primaria estivo a realizar traballo colaborativo, por grupos, sobre a unidade 4 do seu libro de CCNN da editorial Vicens Vives.

A continuación a presentación dos seus traballos, realizados con equipos Abalar na aula.


RESUMO COLABORATIVO DA UNIDADE de Entre estrellas que iluminan

RECURSOS U 4 CCNN 4º E. PRIMARIA

A continuación unha imaxe interactiva onde poder practicar os contidos da unidade 4: 

REPASO UNIDADE 3 CCNN 4º E. PRIMARIA

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE 4º E. P. DA U 3: OS SERES VIVOS-AS PLANTAS

A continuación todos os traballos realizados polo alumnado de 4º de E. Primaria sobre a unidade 3 de CCNN: As plantas. 

Foi un traballo arduo con equipos abalar, cos que acaban de ter o seu primeiro contacto, mais moi sorprendende e de gran satisfación. 

Moitas grazas e parabéns, un gran traballo, xuntos seguiremos avanzando.

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO U 3 CCNN 4º E. P. de Entre estrellas que iluminan

SAÍDA Á AULA DA NATUREZA DO CONCELLO

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria realizou unha saída á Aula da Natureza do Río Miño do Concello, a unha actividade de aprendizaxe sobre a elaboración de compostaxe, que se solicitou como remate da unidade 3 de Ciencias Naturais sobre as plantas. Así da man de Ignacio A. Nanín e coa organización de Luis Herminio, o alumnado aprendeu como se aproveitan todos os restos, de limpeza e poda das árbores e xardíns dos parques da cidade, para a elaboración de compost e como se realiza este proceso na planta. No remate ademais de agasallarnos cun saco de abono para a nosa horta do cole tamén nos contou como fabricar un composteiro de xeito sinxelo.

Produción de compostaxe de Entre estrellas que iluminan

 
REPASO UNIDADE 3 CCNN: AS PLANTAS

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A U 2 DO LIBRO DE CCNN 4º E. PRIMARIA
O alumnado de 4º de E. Primaria estivo a traballar, por parellas, a unidade 2 correspondente ao seu libro de texto de Ciencias Naturais, COMO FUNCIONA O NOSO CORPO?, repartindo as tarefas entre os distintos aparatos que forman o noso corpo, así como A Saúde e a Prevención de Accidentes, en formato dixital e caderno segundo puideron.
A continuación a presentación destes traballos:


U 2: COMO FUNCIONA O NOSO CORPO? - Kizoa Movie Maker

EXPOSICIÓN ORAL-TRABALLO POR PARELLAS SOBRE A UNIDADE 1 CCNN 4º E. PRIMARIA
O alumnado de 4º de E. Primaria estivo repasando a unidade por parellas e logo de elaborar o lapbook correspondente (como xa apareceu nunha publicación anterior) presentaron o seu traballiño de xeito oral aos demais membros da aula.


EXPOSICIÓN ORAL UNIDADE 1 CCNN - Kizoa Movie Maker

 RECURSOS PARA A UNIDADE 2 DE CIENCIAS DA NATUREZA: "COMO FUNCIONA O NOSO CORPO"

LAPBOOK: UNIDADE 1 CIENCIAS NATURAIS 4º E.P-COMO NOS RELACIONAMOS?

O alumnado de 4º de E. Primaria en traballo por parellas realizou un resumo da 1ª unidade da materia de Ciencias Naturais en formato Lapbook. 

Foi a primeira proba, o seguinte iremos mellorando, a continuación a mostra.


LAPBOOK-COMO NOS RELACIONAMOS - Kizoa Movie Maker

RECURSOS E ACTIVIDADES PARA REPASAR UNIDADE 1 DE CCNN DE 4º DE E. PRIMARIA

Na seguinte imaxe interactiva podedes atopar unha selección de vídeos sobre o tema de Youtube, e actividades para repasar a Unidade 1: Como nos relacionamos?, seguindo o libro de texto empregado da editorial Vicens Vives, ademais dun esquema resumo.


O CORPO
A continuación unha serie de exercicios de repaso, compartidos dende a web: https://es.liveworksheets.com/
 


O esqueleto

OS ALIMENTOS

A continuación comparto unhas fichas elaboradas pola mestre de PT, Mª Carmen Pérez do colegio Santa Ana, para repasar a Unidade 2 Coidámonos. Premede na imaxe:
 



MATERIAL DE REPASO DA UNIDADE O CORPO
Pemendo na seguinte imaxe podedes atopar exercicios sobre as partes do corpo e os sentidos elaborados pola mestra PT do colegio Santa Ana e que comparte con nós:



LÁMINAS, EXERCICIOS E RECURSOS


A continuación un vídeo coas láminas de apoio do libro de Santillana para repasar, e unhas cancións do grupo Migallas para mover e animar o corpo.
E  uns exercicios do libro, que podedes ver premendo na palabra AQUÍ






O CORPO
Premendo na seguinte imaxen pódese acceder a unha carpeta do Drive que ten arquivos en PDF para ver, copiar na libreta ou imprimir con vocabulario das paertes do corpo.







Ningún comentario:

Publicar un comentario