venres, 31 de xaneiro de 2020

SEMANA DA PAZ

Ao longo desta semana e a anterior as estreliñas, aos anaquiños, estiveron levando a cabo diferentes actividades relacionadas coa celebración do día da Paz e Non Violencia.
Na clase de Arts&Crafts fixeron as mans para o mural, logo escribimos entre todos un poema para recitar no acto da Paz, así como a decoración da cartolina  coa palabra escollida (Respecto), coa cor que nos tocou (azul), para facer o arco da vella entre todos no patio do centro.
Queda aquí unha mostra destes traballiños colaborativos.




xoves, 30 de xaneiro de 2020

CONTO NA AULA ESPECÍFICA 1 DA ESO

O pasado venres día 24 de xaneiro, as estreliñas de 1º de E. Primaria foron invitadas a visitar a Aula Específica 1 da ESO para unha contada, realizada pola profesora Marian e tres dos seus alumnos: Manuel, Nerea e Vera.
Despois do conto "As tres curuxiñas" de Martín Waddeil e Patrick Benson, chegou o turno das preguntas e das tarefas para realizar na nosa aula.
Queda aquí unha mostra da contada, do conto-vídeo lido polas estreliñas e os sus contiños das tres curuxiñas.
Grazas por está actividade conxunta entre etapas e que pretende axudar á inclusión.
As estreliñas disfrutárono moito.
Ogallá todos lle tiremos proveito!!!






mércores, 22 de xaneiro de 2020

CONTO NA BIBLIOTECA

Hoxe, como cada martes, as nosas estreliñas acudiron á biblioteca para facer uso do préstamo de libros para ler na casa durante unha semana; mais hoxe argadáballes unha gran sorpresa. A  titora da Aula Específica da ESO e un dos seus alumnos, que lles contou o conto de "Cocorico" da editorial OQO.
GRAZAS ALEJANDRO!!!
Agardamos máis sorpresiñas así!!


martes, 21 de xaneiro de 2020

NOVO TRIMESTRE

E as estreliñas xa levan uns días comezando novo trimestre e Aninovo. Que sexa un ano cheo de ledicias e aprendizaxes novos cada día.
Pouco a pouco irei engadindo anaquiños do seu traballo diario, algúns recursos e ideas.