Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021-RECURSOS

Selección de recursos, para traballar esta semana, sobre XELA  ARIAS CASTAÑO,  escritora a que este ano están dedicadas as Letras Galegas 

domingo, 17 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS

Hoxe, no día das NOSAS LETRAS, unha composición de debuxiños das nosas estreliñas, acompañados das cancións da BANDA DAS PITAS, que permiten compartir con todos e na seguinte imaxe tamén ten agochado o conto dos Bolechas para coñecer a Ricardo Cavalho Calero.
E tamén vos deixo un fermoso vídeo, elaborado polos meus compañeiros de cursos anteriores, adaptado para o alumnado con dificultades.
Agardo disfrutes deste día de celebración falando na Nosa Lingua.

luns, 11 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO


O vindeiro domingo, día 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas, como cada ano dede que foi instituída esta data no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Esta obra está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna