O vindeiro domingo, día 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas, como cada ano dede que foi instituída esta data no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Esta obra está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna
. | |
A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...
A continuación unha serie de actividades que dende o Seminario Galán comparten cada ano, ademais das propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do centro e unha unidade didáctica de "As pitas baixo a choiva" e un vídeo deste conto do autor. Premendo nas imaxes atopades as actividades. Ánimo e a disfrutar das ensinanzas de Carvalho Calero.
|
luns, 11 de maio de 2020
LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario