Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos hoxe avanzando na unidade de Lingua, cunha parte de escritura e lectura, lembrade que ademais das tarefiñas dos libros debedes ler todos os días un pouquiño no libro de lectura e facer un anaquiño de copia, é moi importante practicar a lectura en voz alta cun adulto para mellorar a pronunciación e a entoación e tamén é preciso mellora a escritura e iso só se acada practicando cada día.
Ademais hoxe toca na unidade de Ciencias da Natureza seguir aprendendo sobre o coidado tanto persoal como de alimentación saudábel. Por iso tedes a continuación da explicación do libro uns vídeos para ver relacionados co tema, dúas rimas de Tamara Chubarovsky para o cepillado dos dentes e axudar na cociña, e outro, que elaborou unha amiga doutro centro, Chus Rodríguez, e que me deixa compartir con vos, sobre vocabulario e accións para poñer a mesa.
Forqui, nas súas mans, tamén vos deixa hoxe unha sorpresiña para cando rematedes as tarefas de hoxe. Ánimo que o estades a facer xenial, ides ser unhas estreliñas super heroes e heroínas con moita sabedoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario