Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas Lingua e CCNN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas Lingua e CCNN. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos día, estrelinas e familias!

Outra nova achega de tarefiñas, o verán vai rematando e as tarefas tamén, xa queda moi pouco. Hoxe xa rematamos un libro máis o de Ciencias da Natureza e tamén unidade no de Lingua. Ánimo que o conseguimos!! 

Tamén vos deixo uns vídeos e unha ficha interactiva de repaso. Imos aló!!

luns, 10 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

 Bo día, estreliñas e familias!

Hoxe outra nova achega de tarefiñas, xa queda pouquiño, últimas unidades, toca comezar tanto no libro de Lingua coma no de Ciencias da Natureza. Quedou un chisquiño longo pero vós ide facendo segundo poidades. ÁNIMO!!

xoves, 23 de xullo de 2020

TAREFAS DO VERÁN COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando, como quedamos na última videoconferencia, para rematar os libros, mais lembrade que os contidos serán repasados xunto cos de segundo, ademais en 1º iniciase unha aprendizaxe que ten continuiade non só no seguinte curso senón ao longo de toda a etapa de Primaria. 
Isto só ten a finalidade de darlle uso aos mateirais mercados, manter rutinas de traballo e de ser posible aprender cada día.
Hoxe toca rematar unidade de Lingua e comezar a penúltima de Ciencias da Natureza, tamén uns vídeos sobre a fabricación do papel. Ánimo! Sempre cara diante, que sodes unhas esteliñas campioas!!

xoves, 2 de xullo de 2020

CONTINUACIÓN TAREFAS LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Un día máis unha nova achega de tarefas, hoxe co libro de Lingua e Ciencias da Natureza para rematar unidades. 
Como veño dicindo sempre, cada un ao seu ritmo e como vaia podendo. ÁNIMO!! Pasiño a pasiño iremos avanzando e aprendendo moitas cousiñas.

martes, 23 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Outro día máis, hoxe toca empezar unidade no libro de Lingua e continuar coa unidade dos animais no libro de Ciencias da Natureza, só por se queredes avanzar no que quedou pendente, pero lembrade que nestes días ademais de aprender moito é importante xogar cos amigos e disfrutar da familia.
Ánimo que xa vai quedando menos para volver comezar curso e traballar no cole, que espero teñades tantas ganas coma min de volver.

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando, sodes unhas super estrelas que o estades a facer xenial, en 2º ides ser todos uns campións, xa ides saber tanto que imos avanzar e facer cousas moi chulas. Ánimo que en breve rematamos os libros e a dsifrutar das vacacións!!

martes, 9 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando un día máis, hoxe toca comezar unidade de Lingua e acabar a de Ciencias da Natureza, ánimo!! e ao rematar as tarefas disfrutar deste día de sol, observando e coidando da Natureza e os agasallos que cada día nos ofrece. Buscade ao voso arredor algunha planta ou árbore que vos guste e observade con detalle todas as súas partes (externas, a non ser que teñades unha planta para cambiar de lugar, a raíz non a toquedes, xa aprendemos que é a boca das plantas, por onde se alimentan e ten que estar debaixo da terra, senón a planta morre),  ao chegar a casa debuxádea e pódelle nome as súas partes. 
Agardo eses fermosos debuxos.

martes, 2 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos camiñando, avanzando e aprendendo, ánimo e a por un día máis, xa vai quedando menos para rematar.
Hoxe continuamos unidade no libro de Lingua e comezamos unidade en Ciencias da Natureza. Tamén tedes cancións novas un pouquiño de Ioga para relaxar e un xogo de Pipo para repasar lectura. Agardo pasedes un anaco divertido aprendendo cousiñas novas.


martes, 26 de maio de 2020

TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe toca comezar unidade no libro de Lingua e rematar no libro de Ciencias da Natureza. Parece moito porque son varias páxinas pero moitas son orais e de lectura, aínda así se vos cansades podedes repartir e facer noutro momento, mellor facer con ganas e de xeito divertido que cansados.

martes, 19 de maio de 2020

TAREFAS MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos hoxe avanzando na unidade de Lingua, cunha parte de escritura e lectura, lembrade que ademais das tarefiñas dos libros debedes ler todos os días un pouquiño no libro de lectura e facer un anaquiño de copia, é moi importante practicar a lectura en voz alta cun adulto para mellorar a pronunciación e a entoación e tamén é preciso mellora a escritura e iso só se acada practicando cada día.
Ademais hoxe toca na unidade de Ciencias da Natureza seguir aprendendo sobre o coidado tanto persoal como de alimentación saudábel. Por iso tedes a continuación da explicación do libro uns vídeos para ver relacionados co tema, dúas rimas de Tamara Chubarovsky para o cepillado dos dentes e axudar na cociña, e outro, que elaborou unha amiga doutro centro, Chus Rodríguez, e que me deixa compartir con vos, sobre vocabulario e accións para poñer a mesa.
Forqui, nas súas mans, tamén vos deixa hoxe unha sorpresiña para cando rematedes as tarefas de hoxe. Ánimo que o estades a facer xenial, ides ser unhas estreliñas super heroes e heroínas con moita sabedoria.