Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando un día máis, hoxe toca comezar unidade de Lingua e acabar a de Ciencias da Natureza, ánimo!! e ao rematar as tarefas disfrutar deste día de sol, observando e coidando da Natureza e os agasallos que cada día nos ofrece. Buscade ao voso arredor algunha planta ou árbore que vos guste e observade con detalle todas as súas partes (externas, a non ser que teñades unha planta para cambiar de lugar, a raíz non a toquedes, xa aprendemos que é a boca das plantas, por onde se alimentan e ten que estar debaixo da terra, senón a planta morre), ao chegar a casa debuxádea e pódelle nome as súas partes.
Agardo eses fermosos debuxos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario