Este foi un curso diferente, mais non por iso especial, e como dedicatoria final e en agradecemento a toda a comunidade educativa, en especial ás familias das estreliñas de 1º E.P. do CPI José García garcía, vou facer unha adaptación dalgúns pensamentos de Antoine Saint-Exupéry, autor do "Principiño": O esencial é que aquelo que se viviu segue existindo nalgún lugar, e os costumes ancestrais, e as festas familiares e a casa dos recordos; o esencial é que se vive para o retorno. E que só se coñece o mundo a través da comprensión do vivido, así é milagroso como nos adaptamos a todas as situacións. Só unha cousa salva: un paso, e logo outro paso. Sempre se repite o mesmo paso. Procurade ser felices e que sempre teñamos desexos de rir xuntos e teremos estreliñas que saben rir.
Eu estou moi agradecida de poder, nesta situación, despedir o curso coas estreliñas aos pouquiños, o maior agasallo son as súas mostras de cariño, risas, o seu esforzo, o das familias e as súas ganas e ilusión por aprender. Ogallá todo vaia mellorando e en setembro poidamos ter un feliz retorno e poder rir todos xuntiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario