Amosando publicacións coa etiqueta Festa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festa. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de xuño de 2020

FESTIÑAS FIN DE CURSO

Este foi un curso diferente, mais non por iso especial, e como dedicatoria final e en agradecemento a toda a comunidade educativa, en especial ás familias das estreliñas de 1º E.P. do CPI José García garcía, vou facer unha adaptación dalgúns pensamentos de Antoine Saint-Exupéry, autor do "Principiño":  O esencial é que aquelo que se viviu segue existindo nalgún lugar, e os costumes ancestrais, e as festas familiares e a casa dos recordos; o esencial é que se vive para o retorno. E que só se coñece o mundo a través da comprensión do vivido, así é milagroso como nos adaptamos a todas as situacións. Só unha cousa salva: un paso, e logo outro paso. Sempre se repite o mesmo paso. Procurade ser felices e que sempre teñamos desexos de rir xuntos e teremos estreliñas que saben rir.
Eu estou moi agradecida de poder, nesta situación, despedir o curso coas estreliñas aos pouquiños, o maior agasallo son as súas mostras de cariño, risas, o seu esforzo, o das familias e as súas ganas e ilusión por aprender. Ogallá todo vaia mellorando e en setembro poidamos ter un feliz retorno e poder rir todos xuntiños.