luns, 6 de maio de 2024

RESUMO TAREFAS PROXECTO COMPETENCIAL EN ABRIL

PC-ABRIL CURSO 2023-24 de Entre estrellas que iluminan

RESUMO ACTIVIDADES PLÁSTICAS DURANTE O MES DE ABRIL/ARTS IN APRIL

Durante o mes de abril o alumnado participou na elaboración dun mural sobre a Primavera relacionado coa autora das Letras Galegas, Luísa Villalta, e no do Día do Libro para fomentar a lectura. Creando tamén puntos de lectura sobre esta autora.
Tamén crearon mandalas facendo un estudo da roda de cores e as súas posibles combinacións cromáticas e de simetrías.
Os máis pequenos realizaron debuxos sobre a primavera seguindo as instrucións da web Arts for kids hub  aproveitando para o repaso de vocabulario sobre o tema e conceptos coma os diferentes tamaños.


ARTS IN APRIL de Entre estrellas que iluminan