Estreliñas e familias, sinto non poder continuar cos tarefas diarias desta semana, xurdiron outras tarefas de carácter burocrático, así que queda o horario desta semana completado con actividades dixitais de repaso, a semana que comeza nun chisco xa espero vaia estando ao día, porén como son vacacións cada un vai facendo segundo poida. Isto, como xa acordamos é só coa idea de rematar os libros e que en setembro o repaso sexa máis doado. Ánimo e a repasar!! Agardo vos gusten!!
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas b>. Amosar todas as publicacións
luns, 29 de xuño de 2020
venres, 15 de maio de 2020
TAREFAS VENRES LECTURA E ARTS
Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe a lectura é sobre o conto "As pitas baixo a choiva", do autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, que se celebra este domingo.
E aínda que xa vos deixei o outro día moitos recursos e actividades, hoxe primeiro escoitades a lectura e despois tentai ler vós.
En Arts tedes o modelo e as instruccións para facer a hen/unha galiña e a cock/un galo.
Aínda que está o vídeo coa explicación na táboa do horario, tamén está AQUÍ para ver ou imprimir.
Boa fin de semana!!
mércores, 13 de maio de 2020
TAREFAS PARA O MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E CCSS
Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe as novas tarefas para traballar cos libros de Lingua e Ciencias Sociais, espero sexa doado, pero se tedes dificultades xa sabedes onde atoparme: esther.mende19@gmail.com
Ide mirando os recursos que deixei para coñecer o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, na celebración do Día das Letras Galegas. Elixide algunha da que máis vos guste para ir facendo. O venres que toca Arts fareivos a proposta.
martes, 12 de maio de 2020
TAREFAS CO LIBRO PARA HOXE
Bos dias, estreliñas e familias!
Déixovos as tarefiñas para hoxe, para ir facendo pouquiño a pouco ao voso rítmo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)