martes, 17 de marzo de 2020

TRES EN RAIA

Bos días, estreliñas e familias!

Primeiro, agardo que todo siga ben, e para seguir facendo isto un chisquiño máis doado hoxe deixo aquí unha tarefa, que xa comezaramos no cole, polo tanto os materiais están na aula, pero como era material de refugallo creo que se pode solucionar sen problema empregando algo semellante, así que só a modo de exemplo. 
Esta tarefa está diseñada para traballar moitos conceptos e habilidades, aínda que medir coa regla era algo que íamos comezar nestes días supoño que con axuda non será complicado.
O importante é facer entre todo e sobre todo disfrutar facendo e compartindo, por iso: buscar os materiais, logo ler  as intrucción e ir facendo para logo ao rematar xogar; penso debería ser entretido e divertido. Ánimo que seguro que si, e senón outra cousa que non pasa nada. 
Lembrade que o mellor sempre é buscar algo que facer onde todos poidamos aprender e disfrutar facendo.
Lembrade tamén que os correos para dubidas son: 
esther.mende19@gmail.com e m.estherprieto@edu.xunta.es
Ánimo que cun chisco de vontade e colaboración entre todos imos acadalo!!!





2 comentarios:

  1. A vós por estar levando esta situación con ánimo e colaboración; calquera dúbida xa sabedes onde atoparme. Ánimo e a coidarse todos.

    ResponderEliminar