Bos días, estreliñas e familias!
Nestes días de permanencia na casa por mor do Coronavirus irei compartindo
con vos cousiñas deste xeito virtual. O xoves pola noite, antes de saber deste
encerro, xa engadín algúns exercicios de matemáticas e lingua para repaso; mais
o importante nestes días será:
1.
Manter
rutina de traballo, facendo un horario de tarefas, por exemplo:
Ø
9.00:
levantarse e almorzar
Ø
10.00: lectura
e escritura
Ø
11.00: traballo
con números
Ø
12.00: tomar
unha froita e axudar nas tarefas da casa
Ø
13.00:
axudar na cociña
Ø
14.00: xantar
e unha pequena sesta
Ø
16.00: algo
de exercicio manual (pintar, recortar...)
Ø
17.00:
algo de exercicio
Ø
18.00:
merenda e tempo de ocio (xogos de mesa en familia)
Ø
20.00:
baño e cea
Ø
21.00: conto
e cama
2.
Tentar
compartir este tempo xuntos para ler, falar, xogar, pasalo ben facendo as
tarefas domésticas e escolares, tamén vendo películas en compañía e comentándoas.
3.
Aproveitar
as tarefas domesticas e de cociña para ensinar e aprender, sempre se poden
contar as pezas que se meten na lavadora, as pinzas que se precisan para
tender...na cociña a elaboración das receitas, pesando, contando...para
escribilas e logo debuxando o resultado...seguro que van xurdir moitas máis
ideas entre todos.
4.
Evitar
pasar moito tempo coas pantallas, lembrade que temos unha gran oportunidade
para o diálogo e o xogo en familia.
Moitas apertas virtuais da vosa titora
Ola profe Esther.
ResponderEliminarGrazas por acordarte de nós. Estou moi ben. Moitos bicos.
Xuli
Como me alegro saber de vós, bótovos moito de menos. Espero que as cousiñas que publico sexan de axuda, non son para facer todas, sóa as que consideredes de axuda. Ánimo que coidándonos todos moito ímolo conseguir. Moitas apertas virtuais.
ResponderEliminar