venres, 27 de novembro de 2020
PREPARANDO O BAILE DE NADAL
ARTS: TURKEY HAT TO THANKSGIVING
Esta semana as estreliñas e o alumnado de 1º realizaron un sombreiro pavo (Turkey hat) para celebrar o Día de Acción de Gracias (Thanksgiving)
mércores, 25 de novembro de 2020
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Estes días algunhas das estreliñas participaron no programa de Radio Mende, nunha emisión especial, realizada entre toda a comunidade educativa do Centro. Aquí queda a nosa aportación a esta loita.
martes, 24 de novembro de 2020
SÚPER GADOUPAS O NOSO SÚPER HEROE
E por fin está rematada a presentación do Súper Heroe da aula das estreliñas, pouco a pouco iremos engadindo novidades deste Súper Gadoupas que xurdiu con elementos aportados da imaxinación de cada unha das estreliñas.
venres, 20 de novembro de 2020
AS ESTRELIÑAS VOLVEN Á BIBLIOTECA
Este martes as estreliñas volveron á Biblioteca para facer uso do servizo de préstamo, e ademais, por fin, entregar unha versión súa do conto "Max e os superheroes" que traballaron na aula como introdución para traballar no proxecto deste curso "O alumnado de Mende anda na procura dunha patrulla de Súper Heroes", para a sección na Biblioteca "As nosas creacións" e celebrar así o día das Bibliotecas.
CONTOS POLA IGUALDADE
domingo, 15 de novembro de 2020
XOGOS MAGOSTO 2020
HISTORIAS SAMAÍN-HALLOWEEN
Polo Samaín as estreliñas estiveron repasando vocabulario relacionado, tanto en inglés coma en galego, construíron un cubo (crazy cubes) con imaxes deste vocabulario e a roda para debuxar os resultados e logo crear unha historia.
A continuación o resultado:
mércores, 4 de novembro de 2020
RECURSOS PARA A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
Paras ir preparando a festa do Magosto, aquí en Ourense, tamén festa do San Martiño; quedan unha serie de materiais para ir traballando ao longo da semana.
domingo, 1 de novembro de 2020
SAMAÍN-DISFRACES
Neste curso tan atípico as estreliñas de 2º participaron na festa do Samín na aula, cada unha chegou co seu disfraz da casa e na aula participaron con distintas actividades relacionadas co tema, entre elas unha de creación de historias a partir dun cubo.