Como xa comentaba na primeira entrada deste curso, ademais da materia de Arts, este curso ía impartir Proxecto Competencial en 1º, 3º e 5º de E. Primaria.
Nos primeiros días o grupo de alumnado de 1º traballou co conto "Hola Ruby y la aventura de programar" de Linda Liukas, e tamñen algunha sesión co Bee bot que nos cedeu a titora de 2º, mentres non chegaba o material solicitado aos Polos Creativos.
O grupo do alumnado de 3º estivo iniciándose na ofimática cun curso de mecanografía on line gratuito: https://www.vedoque.com/juegos/mecano/
O grupo do alumnado de 5º estivo a investigar sobre o tema da Liña Temática deste curso, "Explorando e coñecendo a nosa Contorna", sobre a historia do Castro de San Tomé, e tamén crearon historias para Radio Mende polo Samaín.
Logo tamén comezamos a traballar na web: https://www.kidlocoding.com/
Para ir aprendendo sobre robótica e programación, e xa no remate do trimestre chegou un kit de Lego, co que comezaron a montaxe de pequenos robots mecánicos.
A continuación o correspondente resumo, aínda que desta perdín algunhas fotos e vídeos, cousas da tecnoloxía, que tamén da problemas e fallos.
Iniciación á robótica de Entre estrellas que iluminan