sábado, 6 de xaneiro de 2024

TAREFAS DO PROXECTO COMPETENCIAL EN DECEMBRO

Durante o mes de decembro na materia do Proxecto Competencial, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria estivo a escribir e editar diferentes historias, relacionadas coa Liña Temática deste curso e coas diferentes festas que se levan celebrado no centro.



HISTORIAS con Eva e Wall-e.pdf de Entre estrellas que iluminan
HISTORIAS DE NADAL 6º.pdf de Entre estrellas que iluminan

Ademais o alumnado de 1º a 4º de E. Primeiro estivo realizando circuítos para programar os robots True True nos seus desprazamentos e tamén explorando cos distintos materiais de construción que hai na Aula de Polos para a elaboración de decorados de posteriores vídeos.
Proxecto Competencial-decembro de Entre estrellas que iluminan

TARXETAS DIXITAIS PARA FELICITAR AS FESTAS

Este curso ademais do tradicional concurso de Tarxetas de Nadal, convocado en colaboración coa Biblioteca escolar, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria tamén elaborou tarxetas dixitais a través da aplicación Canva no seu formato gratuíto, a continuación unha mostra:

TARXETAS DIXITAIS de Entre estrellas que iluminan

TAREFAS NA MATERIA DE ARTS EN DECEMBRO/ARTS IN DECEMBER

Durante o mes de decembro o alumnado, ademais de participar na elaboración do proxecto colaborativo interetapas da árbore de Nadal tamén realizou decoración de corrredores con estrelas a partir de xornais e cartóns, así como decoración de bolas para a árbore imitando artistas como Kandinsky, Miró, Romero Britto, Yayoi Kusama ou Mondrian.

E unha árbore de Nadal ao estilo Kandinsky para o taboleiro da Aula de Plástica.


ARTS IN DECEMBER de Entre estrellas que iluminan
ÁRBORE COLABORATIVA INTERETAPAS de Entre estrellas que iluminan