Paras ir preparando a festa do Magosto, aquí en Ourense, tamén festa do San Martiño; quedan unha serie de materiais para ir traballando ao longo da semana.
mércores, 4 de novembro de 2020
domingo, 1 de novembro de 2020
SAMAÍN-DISFRACES
Neste curso tan atípico as estreliñas de 2º participaron na festa do Samín na aula, cada unha chegou co seu disfraz da casa e na aula participaron con distintas actividades relacionadas co tema, entre elas unha de creación de historias a partir dun cubo.
sábado, 31 de outubro de 2020
CABAZAS PARA O SAMAÍN
Unha das tarefas a realizar nesta semana alumnado e familias na casa, por mor da Covid, foi decorar a cabaza na casa coa axuda das familias e enviar unha foto para a posterior publicación nos blogs e na web.
E este foi o resultado do traballo do alumnado de 2º e as súas familias, parabéns e grazas pola colaboración.
venres, 30 de outubro de 2020
ADAPTACIÓN DO CONTO "MAX E OS SUPERHEROES"
Para comezar co proxecto deste curso, o alumnado estivo a ler o conto "Max e os Superheroes", logo debuxaron e por último gravouse a lectura por páxinas. Cos debuxos realizados farase un libro que se donará á Biblioteca para o espazo, "As nosas creacións", con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares. A continuación o resultado desta adaptación.
xoves, 29 de outubro de 2020
PROGRAMA FESTA DE SAMAÍN
Mañá no Centro celébrase un Samaín un chisquiño distinto, a pesar desta nova situación, vaise tratar de que o alumnado celebre, disfrute e aprenda sobre esta festividade. Ademais escoitarase por megafonía a primeira emisión de Radio Mende, que aínda que non foi concedido o proxecto de Radio na Biblioteca, a través dunha liña do programa de formación que funciona no centro, vaise ir pondo en marcha para solicitalo o próximo curso de novo.
Tamén se vai contar cuns reporteiros fotográficos moi especiais (dous compañeiros de 4º da ESO, Hugo e Borja), que realizarán a correspondente reportaxe para a galería de imaxes e así poder ver os disfraces do alumnado por aulas, xa que non se pode celebrar acto conxunto.
FELIZ DÍA DE SAMÍN!!!
domingo, 25 de outubro de 2020
RECURSOS LIBRO DE INGLÉS
Ø "Podedes descargar o activity book para
traballar os exercicios dos audios (listenings).
Ø Tamén podedes visionar os vídeos de cada unidade.
CONTIDOS
DIXITAIS:
Ø Recursos varios para traballar neste idioma
(online learning zone) xogos, contos, zona de pais…"
Ø Class book
AMAZING ROOFTOPS 2
https://oxfordpremium.oupe.es/app/student/3b34e64b-13c0-11eb-8076-6cae8b633112
RECURSOS OUTONO E AS SÚAS FESTAS
Recollida de recursos para traballar estas datas, uns recollidos na rede e outros de colleita propia.:
PROXECTO CENTRO: "O ALUMNADO DE MENDE ANDA NA PROCURA DUNHA PATRULLA DE SÚPER HEROÍNAS E HEROES"
Este curso o centro embarcouse nun proxecto ambicioso para a situación Covid que se está a vivir, motivo polo que se precisa dunha gran patrulla de súper heroínas e super heroes, que van loitar polo traballo e aprendizaxe en equipo e unha convivencia pacífica e de amizade.
A continuación a presentación deste proxecto:
luns, 12 de outubro de 2020
FORQUI-COVID
A nosa mascota, Forqui, tamén leva máscara. Auria, unha das nosas estreliñas coa axuda da súa avoa fíxolle unha máscara, pois as que levamos nos quédanlle moi grandes. GRAZAS!!
Forqui está moi guapo e agradecido.
ANIVERSARIOS PENDENTES
O venres pasado fixemos unha pequena celebración na aula. Había moito que celebrar ademais de comezar o 2º curso de E. Primaria das nosas estreliñas, os aniversarios de varias estreliñas, unhas por coincidir a súa celebración durante o confinamento e outras no verán.
Celebramos con: Ainhara, Noa, Anxo, Martín, Zaida, Érick, Auria, Alejandro e Ainhoa.
MOITOS PARABÉNS!!


