martes, 1 de novembro de 2022

MONSTERS FOR HALLOWEEN-MONSTROS PARA O SAMAÍN

Nestas últimas semanas, dende a materia de Arts, o alumnado colaborou na decoración do centro para a festa do Samaín con materiais de refugallo, coma os cartóns e os periódicos.

A continuación un pequeno resumo:

MONSTERS !! de Entre estrellas que iluminan

AUTUMN MURAL/MURAL DE OUTONO

Ao longo do mes de outubro, entre outras tarefas, todo o alumnado de Primaria, na materia de Arts e de xeito colaborativo, estivo a realizar murais coa temática de outono, que aínda están por rematar.

Na súa elaboración traballaron tanto na aula coma no corredor empregando distintas técnicas e materiais de refugallo, segundo o seu nivel.

A continuación unha mostra do proceso:

AUTUMN MURAL de Entre estrellas que iluminan

martes, 25 de outubro de 2022

PUNTOS DE LECTURA MONSTRUOSOS/MONSTER BOOKMARKER

No día de onte, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 6º de Primaria, durante a clase de Arts realizou puntos de lectura con forma de monstros por estar tamén na semana do Samaín.

A continuación unha monstra desta actividade e o seu resultado, exposto na Biblioteca do centro.


PUNTOS LECTURA-BOOKMARKERS de Entre estrellas que iluminan

domingo, 23 de outubro de 2022

ELEMENTOS BÁSICOS DE PLÁSTICA E PINTORES A COÑECER/BASIC ELEMENTS OF ART AND PAINTERS

Comezou o trimestre, con moito traballo e sen tempo de actualizar o blog, hoxe achego un pequeno resumo do que xa se está a traballar na materia de Arts e que se extenderá ao longo do trimestre.


PAINTERS TO LEARN AND PRACTICE de Entre estrellas que iluminan
ART WITH BASIC ELEMENTS de Entre estrellas que iluminan

mércores, 12 de outubro de 2022

COMEZAMOS NOVO CURSO/WELCOME TO THE NEW COURSE

Xa estou de volta con moita ilusión, un chisco tarde na rede mais pouquiño a pouco irei actualizando.
Este curso as novas xirarán arredor das dúas materias que imparto, a materia de ARTS de 1º a 6º de E. Primaria, unha sesión semanal; e como novidade o Proxecto Compencial en 1º, 3º e 5º, niveis polos que se inicia a aplicación da nova lei (LOMLOE) e que tras consultar ao Claustro e aprobarse no último Consello Escolar do curso pasado, esta materia será "Achegamento á robótica e a ofimática".
Toca actualizarse e aprender moito, eu a primeira, así que moito ánimo e adiante!!



martes, 12 de xullo de 2022

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE U 6: FORZAS E MÁQUINAS

O alumnado de 4º de E. Primaria realizou por grupos o resumo da unidade para a súa posterior exposición. 

U 6 FORZAS E MÁQUINAS de Entre estrellas que iluminan

luns, 11 de xullo de 2022

ABSTRACT OF JUNE ARTS CLASS/RESUMO DA CLASE DE PLÁSTICA EN XUÑO

Durante o mes de xuño ademais de ir rematando tarefas pendentes, como foron as bandas de cómic, tamén pintaron pedras para decorar o noso Horto, así como flores, abellas, paxaros... con distintos materiais de refugallo segundo o curso, o alumnado de 6º realizou tamén unha adaptación do poema IF de Kipling con ilustración e voz do alumnado e o auxiliar de conversa Danish Mohamed, e para rematar un mural colaborativo para a decoración da Festa de Fin de curso.

A continuación o resumo:


IF de Entre estrellas que iluminan

xoves, 16 de xuño de 2022

ABSTRACT OF MAY ARTS CLASS/RESUMO DA CLASE DE PLÁSTICA EN MAIO

Os contidos curriculares das clases de Arts durante o mes de maio foron adaptados á celebración das distintas celebracións: Maios, día da Nai, Cómic, ser mitolóxico, a viaxe das bolboretas, Letras Galegas e a arte abstracta e os seus representantes.

A continuación as seguintes mostras:






TASKS AS ABSTRACT PAINTERS de Entre estrellas que iluminan

martes, 7 de xuño de 2022

PLANTAS AROMÁTICAS

Ao alumnado de 4º de E. Primaria dende a liña temática do centro "Medra o horto, medramos nós" correspondeulle traballar coas plantas Aromáticas. Ademais de plantalas e coidalas no horto tamén fixeron investigación e crearon un libriño sobre estas plantas.

Aquí a edición dixital, pero na nosa Bilio, no andel "As nosas creacións" poderemos ollalo en formato papel.

A seguir traballando e aprendendo todos xuntos. Parabéns rapaces!!

PLANTAS AROMÁTICAS de Entre estrellas que iluminan