luns, 6 de maio de 2024

RESUMO TAREFAS PROXECTO COMPETENCIAL EN ABRIL

PC-ABRIL CURSO 2023-24 de Entre estrellas que iluminan

RESUMO ACTIVIDADES PLÁSTICAS DURANTE O MES DE ABRIL/ARTS IN APRIL

Durante o mes de abril o alumnado participou na elaboración dun mural sobre a Primavera relacionado coa autora das Letras Galegas, Luísa Villalta, e no do Día do Libro para fomentar a lectura. Creando tamén puntos de lectura sobre esta autora.
Tamén crearon mandalas facendo un estudo da roda de cores e as súas posibles combinacións cromáticas e de simetrías.
Os máis pequenos realizaron debuxos sobre a primavera seguindo as instrucións da web Arts for kids hub  aproveitando para o repaso de vocabulario sobre o tema e conceptos coma os diferentes tamaños.


ARTS IN APRIL de Entre estrellas que iluminan

domingo, 31 de marzo de 2024

TAREFAS PROXECTO COMPETENCIAL EN MARZO

PC-MARZO 23/24 de Entre estrellas que iluminan

TAREFAS PLÁSTICA NO MES DE MARZO/ARTS IN MARCH

Este mes arancou coa celebración do Día da Muller, e dende Arts para colaborar no mural, e a súa vez traballar os contidos correspondentes á materia; así traballaron sobre a ilustración, elixindo a unha muller representativa, Clara Cerviño, sobre a que investigaron tamén na materia do Proxecto Competencial e logo realizaron algunhas das súas ilustracións empregando a técnica da cor con acuarelas.
Os máis pequenos debuxaron sobre as mulleres máis importantes da súa vida e as súas profesións, repasando así vocabulario en inglés sobre esta temática.
Logo seguindo co proxecto "Creando Xuntos" os maiores decoraron, empegando a técnica de creación de Doodles, un cuarto de círculo para logo facer unha composición conxunta.
As últimas semanas entre obradoiros, charlas e saídas estivemos moi atareados, e en Arts participaron na actividade interetapas da "I Semana da Historia" na que o alumnado de 4º da ESO dirixiu obradoiros para os seus compañeiros de Infantil e Primaria sobre creación de máscaras, papiroflexia e estudo de cadros antigos a a partir dos que o alumnado creou a súa propia versión. Todo un éxito. MOITAS GRAZAS, unha gran experiencia.
ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

venres, 8 de marzo de 2024

TRABALLOS DE PLÁSTICA EN FEBREIRO/ARTS IN FEBRUARY

Durante o mes de febreiro na materia de Arts o alumnado estivo colaborando coa elaboración dos disfraces e complementos para o desfile de Entroido, aproveitando para traballar conceptos e técnicas da materia como foi o estampado e deseño.

Á volta do Entroido comezamos co deseño con diferentes tipos de liñas creando Doodles ao tempo que realizaron mural para o Día de Rosalía.

Ademais remataron o mes participando nun obradoiro de Biblioteca Creativa co ilustrador e escritor Pablo Otero, creando trebellos con elementos de refugallo, publicación realizada na web do centro:  https://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/node/2124

ARTS IN FEBRUARY de Entre estrellas que iluminan

luns, 5 de febreiro de 2024

ACTIVIDADES EN PLÁSTICA PARA A PAZ/ARTS FOR PEACE

O alumnado de Primaria durante o mes de xaneiro tamén realizou unha escultura alusiva á obra de Keith Haring (artista que estudaron durante este mes co gallo da temática para a celebración do Día da Paz, por ser un defensor dos dereitos das persoas e a loita pola Paz) realizada coa participación de todos os cursos, e co título " Construíndo Xuntos"

ARTS FOR PEACE de Entre estrellas que iluminan

TAREFAS PLÁSTICA EN XANEIRO/ARTS IN JANUARY

Durante o mes de xaneiro o alumnado de Primaria na materia de Arts realizaron tarefas sobre Joan Miró e Keith Haring co gallo tamén de traballar temas de convivencia e Paz.


ARTS IN JANUARY de Entre estrellas que iluminan