domingo, 31 de marzo de 2024

TAREFAS PLÁSTICA NO MES DE MARZO/ARTS IN MARCH

Este mes arancou coa celebración do Día da Muller, e dende Arts para colaborar no mural, e a súa vez traballar os contidos correspondentes á materia; así traballaron sobre a ilustración, elixindo a unha muller representativa, Clara Cerviño, sobre a que investigaron tamén na materia do Proxecto Competencial e logo realizaron algunhas das súas ilustracións empregando a técnica da cor con acuarelas.
Os máis pequenos debuxaron sobre as mulleres máis importantes da súa vida e as súas profesións, repasando así vocabulario en inglés sobre esta temática.
Logo seguindo co proxecto "Creando Xuntos" os maiores decoraron, empegando a técnica de creación de Doodles, un cuarto de círculo para logo facer unha composición conxunta.
As últimas semanas entre obradoiros, charlas e saídas estivemos moi atareados, e en Arts participaron na actividade interetapas da "I Semana da Historia" na que o alumnado de 4º da ESO dirixiu obradoiros para os seus compañeiros de Infantil e Primaria sobre creación de máscaras, papiroflexia e estudo de cadros antigos a a partir dos que o alumnado creou a súa propia versión. Todo un éxito. MOITAS GRAZAS, unha gran experiencia.
Ademais coma fin do trimestre o alumnado de 6º de Primaria traballou a festa de Pascua cunha busqueda de ovos polo horto do centro.
ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario