luns, 30 de decembro de 2019

FELICES FESTAS

As nosas estreliñas estiveron aprendendo a decir Bo Nadal nas catro linguas que se estudan no centro, por ser este un centro Plurilingüe, e ademais na lingua de señas. Foi unha grabación sen ensaio e con pouco tempo, pero con moita ilusión e cariño. BO NADAL, FELIZ NAVIDAD, MERRY CHRISTMAS, JOYEUX NÖEL!!!
BOAS FESTAS!! E DESCANSAR MOITO!!


SORPRESA FIN DE TRIMESTRE

Unha das nosas estreliñas, Rafael, recibiunos, o último día de clase do trimestre, cunha sorpresa. Despois do festival el e a súa familia estiveron a preparar magdalenas de cores que trouxo ao cole moi empaquetadiñas e adornadas para compartir cos  compañeiros e as mestras. MOITAS GRAZAS!!!
E así as disfrutamos:


VISITA DE PAPÁ NOEL E CONTACONTOS

O venres día 20 de decembro despedimos o trimestre cunha visita moi especial, Papá Noel acompañado por dous dos seus renos visitaron o CPI Plurilingüe José García García  e recolleron as petición das nosas estreliñas. 
MOITAS GRAZAS A ESTE PAPÁ NOEL TAN ESPECIAL E AOS SEUS RENOS.
E ademais como remate do día un contacontos moi especial tamén, Lory, unha contadora de contos recollidos polo mundo nas súas maletas fixo unha versión do conto da Leiteira para o alumnado de 1º e 2º. MOITAS GRAZAS PASÁMOLO MOI BEN!!
A continuación un resumo:




FESTIVAL NADAL 2019

Despois de moito traballo e ensaios aquí queda unha mostra da escenificación, canción e lingua de señas da panxoliña "Os tres reis en bicicleta" e a gran sorpresa recibida, pois unha das nosas estreliñas gañou o terceiro premio do concurso de postais do centro, co lema este ano de "Nadal saudable". Aqui queda o anaco do fetival correspondente a escenificación e a recollida do premio, así como unha copia da tarxeta premiada. 
GRAZAS ÁS ESTRELIÑAS!! E GRAZAS A TODA COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SÚA COLABORACIÓN E AXUDA!!




PREPARANDO O NADAL

Ao longo do mes de decembro as nosas estreliñas estiveron moi atarefadas coa preparación do Festival de Nadal, a decoración da aula e da entrada. 
Para o festival escolleuse a escenificación da Panxoliña "Tres reis en bicicleta", traballando primeiro vocabulario, partindo desta panxoliña na rede, que como está publicado na entrada de recursos para o Nadal, foron os vídeos: 

Tres reis en bicicleta por AZ lengua de signostres reis en bicicleta de Raios Casalonga.

Logo adaptouse a canción con pictogramas de Arasaac, tamén publicado na entrada de recursos, e preparáronse os traxes e materiais para a escenificación, entre eles foi a elaboración do pan, que non só vai se centro de motivación e aprendizaxe desta actividade, senón tamén para o tema vindeiro que toca traballar sobre as profesións. E como non moitos ensaios. A continuación un resumo.












mércores, 11 de decembro de 2019

ADIVIÑAS NA BIBLIOTECA

Hoxe, como cada martes, na segunda sesión tocaba visita á biblioteca para levar a cabo a devolución e préstamo de libros, mais hoxe un grupo do alumnado da ESO da Aula específica, coa súa titora, que foi titora o curso pasado da maioría das estreliñas deste curso de 1º, tíñanlle preparada unha sorpresa: "Un concurso de adiviñas". Quen Gran ledicia!!! Moitas grazas!! As estreliñas agardan máis sorpresiñas destas. 


SAÍDA AO AUDITORIO: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

As nosas estreliñas e os seus compañeiros de 2º acudiron ao Auditorio este luns para ver a obra: "A nena e o grilo máis aló". A continuación a súa viaxe e un pouquiño de información que a Fundación publica na súa web, a que se pode acceder dende a seguinte imaxe, igual que o vídeo promocional deste grupo:


  


xoves, 5 de decembro de 2019

RECURSOS PARA O NADAL

Deixo aquí algúns vídeos, atopados na rede, para que  as nosas estreliñas repasen e aprendan costumes, cantigas, e vocabulario sobre o Nadal, ademais dun vídeo adaptado coa panxoliña, que se está a traballar para o festival e así axude a practicar. Ánimo, que imos pasalo moi ben e aprender moito!!


   

domingo, 1 de decembro de 2019

SAÍDA A LIBRI TERRAE

O pasado xoves, día 28 de novembro, o alumnado de 1º de E. Primaria do CPI Plurilingüe José García García acudiu ao obradoiro de animación á lectura que o Concello organiza dende o seu programa de actividades escolares, desta foi "LIBRI TERRAE":un proxecto para animar á lectura dun xeito orixinal e diferente da man de catorce personaxes creados coa forma de distintos libros que fixeron máis divertido e atractivo este obradoiro.
A continuación un resumo desta actividade, onde se pode ver o ben que o pasaron:

martes, 26 de novembro de 2019

25 de NOVEMBRO: UNHA DATA ESPECIAL

Hoxe as nosas estreliñas tiveron moitas sorpresas, dúas contadoras de contos moi especiais, a nai de Auria, Susana, que nos contou o conto "Que fastidio ser princesa" e a nai de Xulia, Ester, co conto "A historia dos Bonobos con lentes", co gallo da celebración do día da non violencia cara as mulleres, pero sobre todo a defensa polo respecto das persoas e a súa diversidade.
Ademais o mural "PON AS GAFAS VIOLETA", que estiveron a facer ao longo da semana pasada coa colaboración dos compañeiros de 2º, foi colocado na entrada do Centro, xunto coas mensaxes en post-it e as fotos realizadas coas gafas violeta. Ademais participaron dos contos de Pablo e as historias organizadas pola ANPA












luns, 18 de novembro de 2019

VISITA AULA DA NATUREZA RÍO MIÑO: HORTO DE INVERNO

O pasado venres, día 15 de novembro, as nosas estreliñas saíron de novo de excursión, desta foron visitar a Aula da Natureza do Río Miño para coñecer o Horto de inverno, e alí aprenderon moitas cousiñas que seguiremos a practicar na nosa aula. 
Para ver o resumo da actividade clicar na seguinte imaxe:








venres, 15 de novembro de 2019

SAÍDA AO AUDITORIO

O pasado día 13 de novembro as nosas estreliñas, xunto co alumnado de E. Infantil e 2º de E. Primaria foron ao Auditorio ver a obra de teatro "The tin soldier", ofertada polo concello e solicitada pola mestra de Lingua Inglesa. A continuación un pequeno resumo desta actividade.




xoves, 14 de novembro de 2019

TRABALLIÑOS SOBRE O OUTONO

Dende o comezo do outono as estreliñas estiveron moi atarefadas aprendendo algún vocabulario desta estación. Primeiro foi cunha presentación en vídeo, logo crearon pequenos Lapbooks con ilustracións, despois tocou escribir e falar, e fixérono moi ben, empregando as tres linguas nas que están a traballar, queda recollido tamén en libriños de papel que xa levaron para a casa e a partires dos que se elaboraron os seguintes vídeos





martes, 12 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

O pasado día 8 de novembro as nosas estreliñas celebraron a festa do Magosto, un chisco diferente do programado por mor do tempo; pero grazas a un grupo de mestras do Centro, que escenificaron o conto "O Papón", actividades na aula e xantar no comedor, a festa resultou moi agradale.
A continuación unha mostra deste día:




venres, 1 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019

Onte no CPI Plurilingüe José García García o alumnado celebrou a festa do Samaín, para os ingleses Halloween, e aquí queda unha mostra de como o celebraron as estreliñas de 1º de E. Primaria e a súa aportación á ambientación da aula e do recuncho da entrada.



mércores, 30 de outubro de 2019

VISITA Á BIBLIOTECA DO CENTRO

Hoxe as estreliñas de 1º de E. Primaria visitaron a Biblioteca do Centro, para facer uso do servizo de préstamo e lembrar normas e seccións ás poden acceder.
Aprenderon que libros poden levar para a casa e ler durante unha semana. Esta actividade vai levarse a cabo os martes coa titora.
Hoxe ademais, por ser a primeira vez e por estar en vésporas do Samaín o alumnado recibiu unha lambetada monstruosa, agasallo da coordinadora.


venres, 25 de outubro de 2019

RECURSOS SAMAÍN E MAGOSTO

Nos seguintes enlaces pódense atopar ideas para traballar estas festas:







 Recursos Samaín e Magosto


CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Onte as nosas estreliñas celebraron esta festa tan importante para a súa formación, O día das Bibliotecas Escolares. Comezaron o día cunha lectura colectiva dun libro (Muchas cosas) da Biblioteca de Aula, logo estiveron rematando uns libriños sobre o outono, que estiveron elaborando nestes días. 
A continuación, hoxe, unha pequena mostra, tan pronto como se remate a montaxe dos vídeos compartiranse todos.








mércores, 23 de outubro de 2019

TITORÍA FAMILIAS

O pasado día 1 de outubro ás 16:00 horas celebrouse a primeira reunión coas familias para coñecernos e achegar algunha información. Para iso realizáronse dúas presentacións, unha sobre consellos e metodoloxía e outra dos primeiros traballiños das nosas estrelas.
Quedan compartidas neste espazo, primeiro para aquelas familias que non puideron asistir e como lembranza para os que compartimos eses momentiños.


CALENDARIO ESCOLAR 19-20


O centro ademais contará co 30 de abril como día non lectivo.

BENVIDA AO CURSO 2019-2020

Benvidos ao blog da aula de 1º de Primaria do CPI Plurilingüe José García García. Estará dedicado a compartir momentos de aprendizaxes entre estrelas, que darán luz e brillo a esta andaina durante o curso 2019-2020.

O primeiro día de cole foi toda unha festa. As estreliñas, que chegaron un chisco asustadas, acompañadas por algún membro da familia cargado de libros novos e material, no só polo comezo de curso senón porque arrancaban unha andaina moi especial, o primeiro curso dunha nova etapa, a de Primaria, e ademais coñecer a nova titora...
Axiña ocuparon os seus postos, contaron aventuras sobre as vacacións e cousas varias e...Festa!!..., tocou celebrar aniversario, unha compañeira viña de recén cumprir os seis anos, tocou improvisar un chisco. Parabéns, Ainhoa!!!
Aquí queda unha mostra deses momentos.