Ao longo do mes de decembro as nosas estreliñas estiveron moi atarefadas coa preparación do Festival de Nadal, a decoración da aula e da entrada.
Para o festival escolleuse a escenificación da Panxoliña "Tres reis en bicicleta", traballando primeiro vocabulario, partindo desta panxoliña na rede, que como está publicado na entrada de recursos para o Nadal, foron os vídeos:
Tres reis en bicicleta por AZ lengua de signos e tres reis en bicicleta de Raios Casalonga.
Logo adaptouse a canción con pictogramas de Arasaac, tamén publicado na entrada de recursos, e preparáronse os traxes e materiais para a escenificación, entre eles foi a elaboración do pan, que non só vai se centro de motivación e aprendizaxe desta actividade, senón tamén para o tema vindeiro que toca traballar sobre as profesións. E como non moitos ensaios. A continuación un resumo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario