BOAS FESTAS!! E DESCANSAR MOITO!!
luns, 30 de decembro de 2019
FELICES FESTAS
As nosas estreliñas estiveron aprendendo a decir Bo Nadal nas catro linguas que se estudan no centro, por ser este un centro Plurilingüe, e ademais na lingua de señas. Foi unha grabación sen ensaio e con pouco tempo, pero con moita ilusión e cariño. BO NADAL, FELIZ NAVIDAD, MERRY CHRISTMAS, JOYEUX NÖEL!!!
BOAS FESTAS!! E DESCANSAR MOITO!!
BOAS FESTAS!! E DESCANSAR MOITO!!
SORPRESA FIN DE TRIMESTRE
Unha das nosas estreliñas, Rafael, recibiunos, o último día de clase do trimestre, cunha sorpresa. Despois do festival el e a súa familia estiveron a preparar magdalenas de cores que trouxo ao cole moi empaquetadiñas e adornadas para compartir cos compañeiros e as mestras. MOITAS GRAZAS!!!
E así as disfrutamos:
VISITA DE PAPÁ NOEL E CONTACONTOS
O venres día 20 de decembro despedimos o trimestre cunha visita moi especial, Papá Noel acompañado por dous dos seus renos visitaron o CPI Plurilingüe José García García e recolleron as petición das nosas estreliñas.
MOITAS GRAZAS A ESTE PAPÁ NOEL TAN ESPECIAL E AOS SEUS RENOS.
E ademais como remate do día un contacontos moi especial tamén, Lory, unha contadora de contos recollidos polo mundo nas súas maletas fixo unha versión do conto da Leiteira para o alumnado de 1º e 2º. MOITAS GRAZAS PASÁMOLO MOI BEN!!
E ademais como remate do día un contacontos moi especial tamén, Lory, unha contadora de contos recollidos polo mundo nas súas maletas fixo unha versión do conto da Leiteira para o alumnado de 1º e 2º. MOITAS GRAZAS PASÁMOLO MOI BEN!!
A continuación un resumo:
FESTIVAL NADAL 2019
Despois de moito traballo e ensaios aquí queda unha mostra da escenificación, canción e lingua de señas da panxoliña "Os tres reis en bicicleta" e a gran sorpresa recibida, pois unha das nosas estreliñas gañou o terceiro premio do concurso de postais do centro, co lema este ano de "Nadal saudable". Aqui queda o anaco do fetival correspondente a escenificación e a recollida do premio, así como unha copia da tarxeta premiada.
GRAZAS ÁS ESTRELIÑAS!! E GRAZAS A TODA COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SÚA COLABORACIÓN E AXUDA!!
GRAZAS ÁS ESTRELIÑAS!! E GRAZAS A TODA COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SÚA COLABORACIÓN E AXUDA!!
PREPARANDO O NADAL
Ao longo do mes de decembro as nosas estreliñas estiveron moi atarefadas coa preparación do Festival de Nadal, a decoración da aula e da entrada.
Para o festival escolleuse a escenificación da Panxoliña "Tres reis en bicicleta", traballando primeiro vocabulario, partindo desta panxoliña na rede, que como está publicado na entrada de recursos para o Nadal, foron os vídeos:
Tres reis en bicicleta por AZ lengua de signos e tres reis en bicicleta de Raios Casalonga.
Logo adaptouse a canción con pictogramas de Arasaac, tamén publicado na entrada de recursos, e preparáronse os traxes e materiais para a escenificación, entre eles foi a elaboración do pan, que non só vai se centro de motivación e aprendizaxe desta actividade, senón tamén para o tema vindeiro que toca traballar sobre as profesións. E como non moitos ensaios. A continuación un resumo.
mércores, 11 de decembro de 2019
ADIVIÑAS NA BIBLIOTECA
Hoxe, como cada martes, na segunda sesión tocaba visita á biblioteca para levar a cabo a devolución e préstamo de libros, mais hoxe un grupo do alumnado da ESO da Aula específica, coa súa titora, que foi titora o curso pasado da maioría das estreliñas deste curso de 1º, tíñanlle preparada unha sorpresa: "Un concurso de adiviñas". Quen Gran ledicia!!! Moitas grazas!! As estreliñas agardan máis sorpresiñas destas.
SAÍDA AO AUDITORIO: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ
As nosas estreliñas e os seus compañeiros de 2º acudiron ao Auditorio este luns para ver a obra: "A nena e o grilo máis aló". A continuación a súa viaxe e un pouquiño de información que a Fundación publica na súa web, a que se pode acceder dende a seguinte imaxe, igual que o vídeo promocional deste grupo:
xoves, 5 de decembro de 2019
RECURSOS PARA O NADAL
Deixo aquí algúns vídeos, atopados na rede, para que as nosas estreliñas repasen e aprendan costumes, cantigas, e vocabulario sobre o Nadal, ademais dun vídeo adaptado coa panxoliña, que se está a traballar para o festival e así axude a practicar. Ánimo, que imos pasalo moi ben e aprender moito!!
domingo, 1 de decembro de 2019
SAÍDA A LIBRI TERRAE
O pasado xoves, día 28 de novembro, o alumnado de 1º de E. Primaria do CPI Plurilingüe José García García acudiu ao obradoiro de animación á lectura que o Concello organiza dende o seu programa de actividades escolares, desta foi "LIBRI TERRAE":un proxecto para animar á lectura dun xeito orixinal e diferente da man de catorce personaxes creados coa forma de distintos libros que fixeron máis divertido e atractivo este obradoiro.
A continuación un resumo desta actividade, onde se pode ver o ben que o pasaron:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)