Nesta semana, ademais das tarefas de Entroido, o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria estivo a traballar na actividade dun mural colaborativo na materia de Arts, coa creación dunha tarxeta, na que pegaron un corazón vermello rodeado de palabras en L. Galega e en L. Inglesa relacionadas coa Amizade e o Amor: Amigo-Friend, Amor-Love, Axudar-Help, Respecto-Respect, Contento-Happy, Sorriso-Smile; logo decorárono con puntos de cores feitos con marcadores. Unha vez rematado todo fixemos o mural con todas as tarxetas.
A continuación pódese ver a montaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario