Premendo na imaxe podedes atopar actividades divertidas para repasar a materia de Lengua, un montón de actividades que os compañeiros de Orientación Andujar comparten con todos nós.
Só para traballar un pouquiño cada día mentres non saídes a xogar.
Premendo na imaxe podedes atopar actividades divertidas para repasar a materia de Lengua, un montón de actividades que os compañeiros de Orientación Andujar comparten con todos nós.
Só para traballar un pouquiño cada día mentres non saídes a xogar.
Hoxe un xogo para repasar un pouquiño, agardo pasedes un anaquiño entretido:
A semana pasada co gallo da celebración da Pascua/Easter, tanto o alumnado de 1º coma 2º de Primaria crearon un mural na clase de Arts (o bosque do coello e os ovos de Pascua), ademais o alumnado de 1º levou para casa unha tarxeta de felicitación (Happy Easter) con forma de coello que elaboraron a partir da plantilla da man de cada un, que logo decoraron.
A continuación unha mostra:
O mércores da semana pasada rematamos trimestre cunha actividade extra, a celebración do día da Muller e a Ciencia, que cada ano se celebra o día 11 de febreiro. As estreliñas tiveron a sorte de contar cunha Muller Científica moi próxima, a nai dunha das nosas estreliñas, Susana Bayo, que lles fixo un repaso dalgunhas Mulleres Científicas e os seus inventos, logo tamén lles contou algunhas das tarefas que realiza como Muller Científica na Universidade de Vigo no Campus de Ourense, no campo relacionado co clima e os seus fenómenos, algo que resultou moi motivador por estar a estudalo na última unidade do trimestre. Tamén tiveron a sorte de disfrutar desta conferencia o alumnado de 1º da ESO, nunha sesión do venres pasado.
MOITAS GRAZAS SUSANA
Nas últimas unidades as estreliñas estiveron estudando sobre os animais e as súas características, ademais en colaboración coa ONG "Greenpeace", que nos facilitou unidades para elaborar fichas sobre animais en perigo de extinción, as estreliñas coa axuda da súa familia investigaron sobre algún destes animais elaborando fichas con información, coas que fixemos unha exposición na aula.
A continuación unha presentación con estes traballiños, así aprendemos todos:
A continuación, premendo nas palabras da imaxe do nosos Súper Heroe (Súper Gadoupas), podedes atopar fichas de repaso para practicar. Que o pasedes moi ben repasando!!
O pasado venres as nosas estreliñas estiveron colaborando no acolchado dunha parte do horto, para, coa chegada da primavera, plantar e sementar as primeiras verduras e hortalizas, así como algunha froita.
Pouco a pouco iremos vendo como avanza e así aprender moito sobre estas plantiñas.
Esta semana, martes e xoves, na Biblioteca Pública celebraranse dúas sesións de actividades moi recomendables, Contos e obradoiro de Poesía e Música.
Deixo información por se é de interese, e as estreliñas queren participar.
Hoxe unha das nosas estreliñas, Djanna, está de aniversario. Comezou este curso neste centro. Aínda que chegou nun ano diferente, que pouquiño a pouco vai avanzando, as nosas estreliñas fíxeronlle unha moi boa acollida e todas van medrando e aprendendo xuntas.
Que hoxe sexa un día moi feliz para esta estreliña, que cumpre 8 anos xa, e toda a súa familia. Dende aquí moitos PARABÉNS!! con este vídeo con algúns momentos especiais, compartidos dende o comezo de curso.
As estreliñas estiveron a traballar coas súas familias nun concurso organizado dende os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, "Un día na vida das mulleres da túa familia", podía ser da nai, avoa, tía, irmá...As estreliñas ilustraron as tarefas que as herínas da súa familia realizan ao longo dunha xornada, que despois de ser seleccionadas para premio formaron parte do mural, que loce na entrada do centro, co lema "Os poderes da miña Súper Heroína".
A continuación a exposición dos seus traballiños:
Na semana dedicada a Rosalía as estreliñas estiveron a traballar o poema "Adiós ríos, adiós fontes" que cantaron no patio o día do acto, cada unha escribiu e ilustrou unha estrofa.
A continuación o libro en formato dixital que será entregado na Biblioteca para a sección. "As nosas creacións"
O pasado venres, día 5 de marzo, as estreliñas visitaron o laboratorio do centro, onde a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Beatriz Lobelle, lles amosou e explicou algúns dos minerais e rochas que estiveron a estudar na unidade 5.
A continuación unha mostra desta actividade:
Hoxe unha das nosas estreliñas, Xuli, está de aniversario. Comenzamos un ano diferente, que pouquiño a pouco vai avanzando, e as nosas estreliñas medrando. Que hoxe sexa un día moi feliz para esta estreliña, que cumpre 8 anos xa, e toda a súa familia. Dende aquí moitos PARABÉNS!! con este vídeo con algúns momentos especiais, compartidos no que levamos de curso.