mércores, 14 de xullo de 2021

DESPEDIDA CURSO 20-21

E… chegou  o día! Un ciclo rematado, dous cursos moi especiais, especiais por tantas cousas, que vai ser complicado facer resumo e darlle a cada unha o seu lugar.

Primeiro foi a chegada ao centro, un centro no que estivera destinada un curso había 20 anos, buff!, cantas emocións!! O edificio era o mesmo e nel volvín atopar compañeiros de entón, que ledicia!!, tamén había cambios, o cole estaba moitísimo máis bonito, e o MELLOR, foi ter a sorte de coñecer a un grupo de estreliñas, un chisco asustadas polo cambio de etapa pero cheas de luz. Esa luz que iluminou o camiño e me encheu de ilusión para guiar a súa aprendizaxe e a miña, porque nestes dous cursos, tan complicados polas circunstancias que tocou vivir, este grupo de estreliñas adaptáronse a todo como auténticas Súper heroínas. O curso pasado durante o confinamento seguiron traballando cada día dende as súas casas, realizando todas as actividades  e retos propostos, incluso durante os períodos de vacacións. Este curso respectaron todos os protocolos coma campioas e acadamos rematar curso con moito éxito, sen enfermar a pesares da ventilación e con moi bos resultados académicos.

PARABÉNS miñas estreliñas, sodes un gran grupo que aprendestes algo moi importante, a ser grupo, a coidarvos, axudarvos uns aos outros, a xogar xuntos e respectarvos. SODES GRANDES, OS MELLORES!!!

En setembro pasades á planta dos maiores e por sorte, moita sorte, seguiredes iluminando o meu camiño, seguiremos aprendendo xuntos, un chisquiño menos xuntos, mais, polo menos unha sesión cada semana compartiremos momentos de aprendizaxe e avanzaremos camiño.

E como remate xa, GRAZAS, MIL GRAZAS  para vós ESTRELIÑAS e para as vosas familias que estiveron sempre ao voso carón axudando e colaborando na vosa aprendizaxe. 

O mellor agasallo foi vervos medrar e aprender, aínda así tamén agradezo tanto os vosos debuxos e palabras coma os agasallos que as vosas familias mercaron, por certo moi acertados e significativos, pois representan as vosas agarimosas APERTAS cada mañá ao chegar e en calquera momento do día, incluso en calquera lugar que nos atopemos. GRAZAS POR TANTO CARIÑO!!





1 comentario: