martes, 6 de decembro de 2022

TRABALLOS DE PLÁSTICA EN NOVEMBRO-ARTS IN NOVEMBER

Durante o mes de novembro o alumnado, na materia de Arts e coa colaboración da Auxiliar de conversa Vee, participou na elaboración do mural para a festa do Magosto, puntos de lectura alusivos, debuxos seguindo a obra de Yayoi Kusama, para rematar coa participación no mural e puntos de lectura con mensaxes sobre o tema do 25 N.

A continuación o correspondente resumo:

ACTIVITIES OF NOVEMBER de Entre estrellas que iluminan

sábado, 19 de novembro de 2022

ADAPTANDO E RECICLANDO CERAS-ADAPTED AND RECYCLED CRAYONS

Co gallo de buscar un modelo de cera, coa que un membro do alumnado acadara pintar máis facilmente dadas as dificultades de mobilidade, xurdiu a idea deste exemplo de reciclado de ceras, que se pode realizar na casa coa axuda dun adulto.

A continuación as instrucións, que trala práctica observamos que para a próxima hai que engadir cera de abella para a mestura, e así acadar que as ceras teñan unha textura máis branda.

ADAPTANDO E RECICLANDO CERAS de Entre estrellas que iluminan

martes, 1 de novembro de 2022

MONSTERS FOR HALLOWEEN-MONSTROS PARA O SAMAÍN

Nestas últimas semanas, dende a materia de Arts, o alumnado colaborou na decoración do centro para a festa do Samaín con materiais de refugallo, coma os cartóns e os periódicos.

A continuación un pequeno resumo:

MONSTERS !! de Entre estrellas que iluminan

AUTUMN MURAL/MURAL DE OUTONO

Ao longo do mes de outubro, entre outras tarefas, todo o alumnado de Primaria, na materia de Arts e de xeito colaborativo, estivo a realizar murais coa temática de outono, que aínda están por rematar.

Na súa elaboración traballaron tanto na aula coma no corredor empregando distintas técnicas e materiais de refugallo, segundo o seu nivel.

A continuación unha mostra do proceso:

AUTUMN MURAL de Entre estrellas que iluminan

martes, 25 de outubro de 2022

PUNTOS DE LECTURA MONSTRUOSOS/MONSTER BOOKMARKER

No día de onte, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 6º de Primaria, durante a clase de Arts realizou puntos de lectura con forma de monstros por estar tamén na semana do Samaín.

A continuación unha monstra desta actividade e o seu resultado, exposto na Biblioteca do centro.


PUNTOS LECTURA-BOOKMARKERS de Entre estrellas que iluminan

domingo, 23 de outubro de 2022

ELEMENTOS BÁSICOS DE PLÁSTICA E PINTORES A COÑECER/BASIC ELEMENTS OF ART AND PAINTERS

Comezou o trimestre, con moito traballo e sen tempo de actualizar o blog, hoxe achego un pequeno resumo do que xa se está a traballar na materia de Arts e que se extenderá ao longo do trimestre.


PAINTERS TO LEARN AND PRACTICE de Entre estrellas que iluminan
ART WITH BASIC ELEMENTS de Entre estrellas que iluminan

mércores, 12 de outubro de 2022

COMEZAMOS NOVO CURSO/WELCOME TO THE NEW COURSE

Xa estou de volta con moita ilusión, un chisco tarde na rede mais pouquiño a pouco irei actualizando.
Este curso as novas xirarán arredor das dúas materias que imparto, a materia de ARTS de 1º a 6º de E. Primaria, unha sesión semanal; e como novidade o Proxecto Compencial en 1º, 3º e 5º, niveis polos que se inicia a aplicación da nova lei (LOMLOE) e que tras consultar ao Claustro e aprobarse no último Consello Escolar do curso pasado, esta materia será "Achegamento á robótica e a ofimática".
Toca actualizarse e aprender moito, eu a primeira, así que moito ánimo e adiante!!



martes, 12 de xullo de 2022

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE U 6: FORZAS E MÁQUINAS

O alumnado de 4º de E. Primaria realizou por grupos o resumo da unidade para a súa posterior exposición. 

U 6 FORZAS E MÁQUINAS de Entre estrellas que iluminan

luns, 11 de xullo de 2022

ABSTRACT OF JUNE ARTS CLASS/RESUMO DA CLASE DE PLÁSTICA EN XUÑO

Durante o mes de xuño ademais de ir rematando tarefas pendentes, como foron as bandas de cómic, tamén pintaron pedras para decorar o noso Horto, así como flores, abellas, paxaros... con distintos materiais de refugallo segundo o curso, o alumnado de 6º realizou tamén unha adaptación do poema IF de Kipling con ilustración e voz do alumnado e o auxiliar de conversa Danish Mohamed, e para rematar un mural colaborativo para a decoración da Festa de Fin de curso.

A continuación o resumo:


IF de Entre estrellas que iluminan

xoves, 16 de xuño de 2022

ABSTRACT OF MAY ARTS CLASS/RESUMO DA CLASE DE PLÁSTICA EN MAIO

Os contidos curriculares das clases de Arts durante o mes de maio foron adaptados á celebración das distintas celebracións: Maios, día da Nai, Cómic, ser mitolóxico, a viaxe das bolboretas, Letras Galegas e a arte abstracta e os seus representantes.

A continuación as seguintes mostras:






TASKS AS ABSTRACT PAINTERS de Entre estrellas que iluminan

martes, 7 de xuño de 2022

PLANTAS AROMÁTICAS

Ao alumnado de 4º de E. Primaria dende a liña temática do centro "Medra o horto, medramos nós" correspondeulle traballar coas plantas Aromáticas. Ademais de plantalas e coidalas no horto tamén fixeron investigación e crearon un libriño sobre estas plantas.

Aquí a edición dixital, pero na nosa Bilio, no andel "As nosas creacións" poderemos ollalo en formato papel.

A seguir traballando e aprendendo todos xuntos. Parabéns rapaces!!

PLANTAS AROMÁTICAS de Entre estrellas que iluminan

luns, 30 de maio de 2022

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 5 DE CCNN: MATERIA E ENERXÍA

O alumnado de 4º de E.Primaria estivo traballando por parellas sobre a unidade 5, "Materia e enerxía", a continuación o resultado:

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A U 5 CCNN 4º E.P. de Entre estrellas que iluminan

luns, 9 de maio de 2022

RECURSOS PARA A UNIDADE 5 CCNN 4º E.PRIMARIA: MATERIA E ENERXÍA

A continuación unha imaxe interactiva con recursos para preparar a unidade 5 de CCNN: Materia e Enerxía.

Premendo nos puntos accédese a distintos tipos de tarefa sobre a unidade.

domingo, 1 de maio de 2022

HOW TO MAKE A "MAIO"-COMO FACER UN MAIO-OBRADOIRO

Este xoves o alumnado de 5º de E. Primaria participou nun obradoiro para a confección dun Maio, ofertado polo Concello dende o seu Programa Educativo, dentro do apartado Educación Artística na Escola. 

Aproveitamos esta saída para facer o percorrido a pé e así repasar as normas de Seguridade Viaria.

Alí o alumnado recibiu formación dos monitores para logo traballar por grupos, limpeza do mofo, colocación na estrutura e ao remate elaboración das coplas que cantaron, e contaron na entrevista posterior, realizada polos reporteiros de TeleMiño.

A continuación un resumo desta actividade:


COMO FACER UN MAIO de Entre estrellas que iluminan

ART WORKS IN APRIL-TRABALLOS DE PLÁSTICA EN ABRIL

Durante o mes de abril na materia de Arts o alumnado realizou traballos realcionados coa Pascua-Easter, ovos de Pascua-Easter eggs, para decorar os corredores; para  a semana do Libro puntos de Lectura-Bookmarkers relacionados coa nosa liña temática do Horto, cada grupo co seu froito, ademais de relacionar sempre coa educación para a sostibilidade empregando materiais de refugallo, neste caso o xornal. Tamén estiveron realizando traballos no block con debuxos sobre a natureza e a primavera.

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria ademais de continuar co seu traballo cos equipos Abalar sobre os distintos pintores abstractos, tamén estivo rematando diferentes cómics para exposición na semana do Libro.

APRIL ARTS de Entre estrellas que iluminan
WORKS ON ABSTRACT PAINTERS de Entre estrellas que iluminan
CÓMICS de Entre estrellas que iluminan

luns, 25 de abril de 2022

TRABALLIÑOS DO ALUMNADO DE 4º E. PRIMARIA NA MATERIA DE CCNN

O alumnado de 4º de E. Primaria, co gallo da celebración do Día do Libro e como resumo de actividades levadas a cabo nesta materia, realizou Libriños con formato de Lapbooks sobre a Unidade dos Animais e outros libriños relacionados co día da Árbore e plantación da súa Cerdeira, árbore que lle tocou a eles dentro da plantación levada a cabo no centro.

A continuación unha pequena mostra de como quedaron estes libriños que se exporán na Biblioteca do centro.




RESUMO DAS TAREFAS DE PLÁSTICA EN MARZO/ARTS IN MARCH

A continuación un breve resumo das tarefas realizadas en marzo na materia de Arts, celebracións especiais e autores abstractos coma Joan Miró.


ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

xoves, 21 de abril de 2022

TRABALLO COLABORATIVO DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 4: OS ANIMAIS

O alumnado de 4º de E. Primaria estivo a realizar traballo colaborativo, por grupos, sobre a unidade 4 do seu libro de CCNN da editorial Vicens Vives.

A continuación a presentación dos seus traballos, realizados con equipos Abalar na aula.


RESUMO COLABORATIVO DA UNIDADE de Entre estrellas que iluminan

sábado, 2 de abril de 2022

ARTS POLA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO E A DIVERSIDADE

A longo desta semana na materia de Arts o alumnado de 1º a 6º de E. Primaria estivo a traballar creando a súa peza única e diferente, para o venres, de xeito colaborativo, dous membros de cada aula, baixaron ao patio e foron creando un puzzle xigante, baixo o lema "Pezas únicas encaixan nun todo armonioso"/"Unique pieces fit armoniously together" (no que participaron as profesoras dos departamentos de linguas e o alumnado de 6º E.P), porque no CPI Plurilingüe José García García toda a comunidade traballa por e para una educación basada no respecto, a unión, a comunicación e atención á diversidade, onde todos encaixamos, obtendo así unha gran obra de pezas e pinceladas diversas.

Así hoxe celebramos a concienciación do Autismo pero tamén a de calquera diversidade

A continuación o noso pequeno gran de area.

2 abril 2022 conciencia polo autismo de Entre estrellas que iluminan

luns, 28 de marzo de 2022

venres, 25 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN ORAL UNIDADE 3 CCNN 4º E. PRIMARIA

Unha vez rematados os traballos por parellas de cada apartado da unidade, o alumnado realizou a súa presentación oral para o resto das compañeiras e compañeiros.

A continuación unha mostra con algúns anacos destas exposicións:

EXPOSICIÓN ORAL U 3 CCNN 4º EP de Entre estrellas que iluminan

mércores, 16 de marzo de 2022

REPASO UNIDADE 3 CCNN 4º E. PRIMARIA

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE 4º E. P. DA U 3: OS SERES VIVOS-AS PLANTAS

A continuación todos os traballos realizados polo alumnado de 4º de E. Primaria sobre a unidade 3 de CCNN: As plantas. 

Foi un traballo arduo con equipos abalar, cos que acaban de ter o seu primeiro contacto, mais moi sorprendende e de gran satisfación. 

Moitas grazas e parabéns, un gran traballo, xuntos seguiremos avanzando.

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO U 3 CCNN 4º E. P. de Entre estrellas que iluminan

sábado, 5 de marzo de 2022

DÍA DO CÓMIC

Hoxe, 5 de marzo, na celebración, por primeira vez, do Día do Cómic quería deixar aquí un enlace a web do Cómic, premendo na imaxe pódese acceder a toda a información e actividades celebradas no día de hoxe, porque a maior parte destas actividades será complicado asistir por levarse a cabo noutras provincias. 

Por iso deixo aquí este enlace que ten un montón de actividades on line. A pasalo moi ben!! Esta semana en Arts faremos algo para celebralo.😉



venres, 4 de marzo de 2022

SAÍDA Á AULA DA NATUREZA DO CONCELLO

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria realizou unha saída á Aula da Natureza do Río Miño do Concello, a unha actividade de aprendizaxe sobre a elaboración de compostaxe, que se solicitou como remate da unidade 3 de Ciencias Naturais sobre as plantas. Así da man de Ignacio A. Nanín e coa organización de Luis Herminio, o alumnado aprendeu como se aproveitan todos os restos, de limpeza e poda das árbores e xardíns dos parques da cidade, para a elaboración de compost e como se realiza este proceso na planta. No remate ademais de agasallarnos cun saco de abono para a nosa horta do cole tamén nos contou como fabricar un composteiro de xeito sinxelo.

Produción de compostaxe de Entre estrellas que iluminan

mércores, 2 de marzo de 2022

FEBRUARY ART WORKS/TRABALLOS DE PLÁSTICA DE FEBREIRO

O alumnado de E. Primaria, na materia de ARTS durante o mes de febreiro, de 1º a 4º continuaron a traballar coas cores primarias e secundarias con distintos materiais, e estudando os pintores (Miró e Vincent Van Gogh), en 5º e 6º continuaron a investigar sobre pintores de arte abstracta do último século, a súa obra e técnica. Ademais todos participaron en traballos para a celebración do día do Amor e a Amizade cos que decoraron a Biblioteca; así como o Entroido, coa confección de caretas con mateiais de refugallo e os compadres e comadres.

A continuación coma sempre un resumo:

FEBRUARY ART WORKS de Entre estrellas que iluminan

luns, 14 de febreiro de 2022

DÍA DO AMOR E A AMIZADE-LOVE AND FRIENDSHIP' DAY

Hoxe a Biblioteca do centro lucía fermosa grazas ao traballo de todo o alumnado de E. Primaria que dende 1º ata 6º traballaron na decoracións de corazóns nunha mistura de Mondrian e Romero Britto con pequenas mensaxes en inglés. 

A continuación unha mostra:


14 FERBRUARY LOVE AND FRIENDSHIP'S DAY de Entre estrellas que iluminan

mércores, 2 de febreiro de 2022

TRABALLOS DE PLÁSTICA EN XANEIRO/JANUARY ART WORKS

A continuación un resumo das tarefas da clase de Arts durante o mes de xaneiro, algúns propios da materia e outros para o mural da Paz:
  • Na aula de 1º de E. Primaria:
JANUARY ART WORKS de Entre estrellas que iluminan

  • Na aula de 2º, 3º e 4º de E. Primaria ademais de traballar a roda das cores básicas e secundarias seguiron o seguinte titorial de Arts for kids Hub







January arts works de Entre estrellas que iluminan

  • Nas aulas de 5º e 6º de E. Primaria:
O alumnado destas aulas está a traballar por parellas realizando unha tarefa de investigación sobre pintores modernos a partir dunha presentación dada do libro: "Dibuja pinta e imprime como los grandes artistas" de Marion Deuchars, editorial Coco-Books


Dibuja y crea con Pintores famosos - Kizoa Movie Maker
DRAW, PAINT AND PRINT LIKE THE GREAT ARTISTS de Entre estrellas que iluminan 

E tamén participaron elaborando paxariños de origami, con mensaxes para o mural da Paz:
PEACE MURAL-MURAL DA PAZ de Entre estrellas que iluminan

mércores, 26 de xaneiro de 2022

SEMANA DA PAZ/PEACE WEEK

Dentro do programa de actividades pola Paz, dende a clase de Arts o alumnado de E. Primaria colaborará na elaboración do mural con distintos tipos de paxaros de origami, con papel de refugallo e mensaxes pola Paz, seguindo as instrucións dos seguintes vídeos recollidos na rede:


ALUMNADO DE 1º E. PRIMARIA:



ALUMNADO 2º E. PRIMARIA:


ALUMNADO 3º E. PRIMARIA:


ALUMNADO 4º E. PRIMARIA:


ALUMNADO 5º E. PRIMARIA:


ALUMNADO 6º E. PRIMARIA:

martes, 25 de xaneiro de 2022

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A U 2 DO LIBRO DE CCNN 4º E. PRIMARIA

O alumnado de 4º de E. Primaria estivo a traballar, por parellas, a unidade 2 correspondente ao seu libro de texto de Ciencias Naturais, COMO FUNCIONA O NOSO CORPO?, repartindo as tarefas entre os distintos aparatos que forman o noso corpo, así como A Saúde e a Prevención de Accidentes, en formato dixital e caderno segundo puideron.
A continuación a presentación destes traballos:


U 2: COMO FUNCIONA O NOSO CORPO? - Kizoa Movie Maker

luns, 10 de xaneiro de 2022

EXPOSICIÓN ORAL-TRABALLO POR PARELLAS SOBRE A UNIDADE 1 CCNN 4º E. PRIMARIA

O alumnado de 4º de E. Primaria estivo repasando a unidade por parellas e logo de elaborar o lapbook correspondente (como xa apareceu nunha publicación anterior) presentaron o seu traballiño de xeito oral aos demais membros da aula.


EXPOSICIÓN ORAL UNIDADE 1 CCNN - Kizoa Movie Maker

CHRISTMAS ARTS CLASS/TRABALLIÑOS DE NADAL

O alumnado de primaria durante o mes de decembro estivo moi atarefado na materia de Arts colaborando coa decoración da Horta e do Centro, empregando distintas técnicas e materiais segundo o seu nivel.

Decoraron bolas de Nadal en cartolina e con perchas e lás, cordel, fitas..., froitos para a cesta do Apalpador, estrelas con vimbios, trasnos con pasta de modelar e cortizar de refugallo e pauciños.

A continuación unha pequena mostra, pois estivemos tan entretidos cos distintos traballiños que esquecemos facer fotos.


DECEMBER ARTS CLASS - Kizoa Movie Maker