Amosando publicacións coa etiqueta Arts. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arts. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de xullo de 2025

ACTIVIDADES PLÁTICA EN XUÑO/ ARTS IN JUNE

No mes de xuño as actividades foron poucas por mor das excursións de fin de curso e as celebracións na última semana.

Así realizaron debuxos de ilusión óptica en 3D, debuxos Pop up seguindo instrucións, creación con Doodlles, e para rematar xogos inter etapas, coa intervención do alumnado da ESO e Primaria, busca de obxectos polo patio seguindo  instrucións, e estampado de camisetas con pegadas e nomes, como recordo dos compañeiros.

Arts in June de Entre estrellas que iluminan

martes, 6 de maio de 2025

ARTS IN APRIL/ TAREFAS DE PLÁSTICA EN ABRIL

Durante o mes de abril o alumnado de primaria na materia de Arts traballou temas relacionados coa primavera e  Kandinsky, así como o autorretrato e a celebración da pascua, con actividades propostas pola nosa auxiliar de conversa, Nadia.

Arts in April de Entre estrellas que iluminan 
 
A continuación uns vídeos sobre Kandinsky:


 

martes, 1 de abril de 2025

ARTS IN MARCH/ACTIVIDADES PLÁSTICA EN MARZO

O alumnado empezou o mes de marzo coñecendo e debuxando como a artista Sonia Delaunay, a única muller que foi quen de expoñer as súas obras no museo de Louvre en vida.

Logo prepararon decoración para a celebración do Saint Patrick'Day, que o alumnado de 6º ademais realizou unha actividade conxunta co alumnado de 4º da ESO, cun xogo de preguntas en inglés, no que se obtiñan resposta correcta podían pintar unha liña do arco da vella do correspondente mura (actividade xa publicada nunha entrada anterior).

Os do 2º e 3º Ciclo tamén fixeron unha proba na que debuxaron despois de escoitar a narración dunha historia.

Logo os do 1º Ciclo repasaron as partes da cara pintando un retrato ao estilo Picasso lanzando dados con debuxos das partes da cara.

Os do 2º e 3º Ciclo realizaron debuxos de paisaxes de primavera e decoraron páxaros para o mural.


ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

luns, 10 de marzo de 2025

ARTS IN FEBRUARY/TAREFAS DE PLÁSTICA EN FEBREIRO

Durante o mes de febreiro o alumnado, ademais de seguir a traballar sobre Pop Art e Cubismo, estivo a colaborar na celebración da semana de Rosalía de Castro e o Entroido.

A continuación un resumo:


Arts IN FEBRUARY de Entre estrellas que iluminan

luns, 3 de febreiro de 2025

RESUMO TAREFAS ÁREA DE PLÁSTICA EN XANEIRO/ARTS IN JANUARY

Comezamos o mes de xaneiro coa volta das vacacións de Nadal, así que nos grupos desa semana realizaron debuxos relacionados co seu mellor momento, os máis pequenos e os mariores tamén realizaron ese debuxo pero converténdoo nun puzzle uns e outros decoraron pezas de puzzle para escribir os seus propósitos para este ano.

Logo os do 1º ciclo realizaron debuxos de animais partindo das súas pegadas dactilares, os do 2º ciclo crearon cadros imitando a Kandinsky con formas recortadas de sornais e revistas e por último o 3º ciclo comezou o debuxo con perspectiva cun punto de fuga.

Ademais tocou colaborar coa decoración para o día da paz, todos os curso decoraron pombas para palestina con mensaxes de para acadar a  paz.



ARTS IN JANUARY 25 de Entre estrellas que iluminan

sábado, 28 de decembro de 2024

RESUMO PLÁSTICA EN DECEMBRO/ARTS IN DECEMBER

Durante o mes de decembro o alumnado estivo creando Tarxetas de Nadal para participar no concurso, que cada ano convoca a nosa Biblioteca. Cada nivel participou cun modelo e relacionando o Nadal coa Liña Temática deste curso "Unha viaxe na máquina do tempo", logo cada un foino personalizando segundo a súa preferencia.

Logo realizaron debuxos relacionados coa temática do Nadal, dende Father Christmas, Rudolf, Snowman, Winter Landscapes...

O alumnado de sexto ademais decorou a porta da súa aula e a propia aula, con materiais de refugallo, coma libros en desuso, xornais e lá.

Tamén colaboraron coa ANPA creando murais para a decoración do ximnasio, onde se celebrou o escape room de Nadal.

A continuación coma sempre unha mostra, desta un chisco escasa por mor de das circunstancias e non ter fotos de todo.

Arts in December de Entre estrellas que iluminan

domingo, 3 de novembro de 2024

RESUMO ARTS SETEMBRO E OUTUBRO/ ARTS: SETEMBER-OCTOBER

Durante os meses de setembro e outubro, ademais de despedir e dar a benvida respectivamente, as nosas Auxiliares de Conversa, Vee e Nadia; comezamos as tarefas relacionadas coa materia de Arts.

Así o noso alumnado comezou por facer as portadas dos seus cadernos e a decoración sobre a Liña temática deste curso: "A nosa viaxe na máquina do tempo", mural e os seus elementos, correspondentes a este trimestre, idade Antiga, centrándose primeiro na arte exipcia (alumnado do 2º e 3º ciclo).

Os do 1º Ciclo comezaron a traballar co punto e a liña, seguindo a Hervet Tullet.

Ademais todos realizaron elementos de decoración para o Samaín, seguindo instrución da nosa Aduxiliar, Nadia.

ARTS: SETEMBER-OCTOBER de Entre estrellas que iluminan

AS NOSAS AUXILIARES DE CONVERSA

No mes de outubro despedimos a nosa Auxiliar de conversa, Vee, que estivo no centro durante dous cursos axudando e colaborando na mellora do inglés do noso alumnado.

Dende aquí, agradecemos a súa colaboración e desexámoslle moita sorte no regreso ao seu país, Filipinas, sempre estará nas nosas lembranzas.

E tamén tocou dar a benvida a Nadia, a Auxiliar de conversa que nos acompañará este curso, que vén de Minnesota-EEUU, e que iremos coñecendo ao longo do curso.

Auxiliares de Conversa de Entre estrellas que iluminan

martes, 6 de decembro de 2022

TRABALLOS DE PLÁSTICA EN NOVEMBRO-ARTS IN NOVEMBER

Durante o mes de novembro o alumnado, na materia de Arts e coa colaboración da Auxiliar de conversa Vee, participou na elaboración do mural para a festa do Magosto, puntos de lectura alusivos, debuxos seguindo a obra de Yayoi Kusama, para rematar coa participación no mural e puntos de lectura con mensaxes sobre o tema do 25 N.

A continuación o correspondente resumo:

ACTIVITIES OF NOVEMBER de Entre estrellas que iluminan

luns, 25 de abril de 2022

RESUMO DAS TAREFAS DE PLÁSTICA EN MARZO/ARTS IN MARCH

A continuación un breve resumo das tarefas realizadas en marzo na materia de Arts, celebracións especiais e autores abstractos coma Joan Miró.


ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

sábado, 2 de abril de 2022

ARTS POLA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO E A DIVERSIDADE

A longo desta semana na materia de Arts o alumnado de 1º a 6º de E. Primaria estivo a traballar creando a súa peza única e diferente, para o venres, de xeito colaborativo, dous membros de cada aula, baixaron ao patio e foron creando un puzzle xigante, baixo o lema "Pezas únicas encaixan nun todo armonioso"/"Unique pieces fit armoniously together" (no que participaron as profesoras dos departamentos de linguas e o alumnado de 6º E.P), porque no CPI Plurilingüe José García García toda a comunidade traballa por e para una educación basada no respecto, a unión, a comunicación e atención á diversidade, onde todos encaixamos, obtendo así unha gran obra de pezas e pinceladas diversas.

Así hoxe celebramos a concienciación do Autismo pero tamén a de calquera diversidade

A continuación o noso pequeno gran de area.

2 abril 2022 conciencia polo autismo de Entre estrellas que iluminan

mércores, 2 de marzo de 2022

FEBRUARY ART WORKS/TRABALLOS DE PLÁSTICA DE FEBREIRO

O alumnado de E. Primaria, na materia de ARTS durante o mes de febreiro, de 1º a 4º continuaron a traballar coas cores primarias e secundarias con distintos materiais, e estudando os pintores (Miró e Vincent Van Gogh), en 5º e 6º continuaron a investigar sobre pintores de arte abstracta do último século, a súa obra e técnica. Ademais todos participaron en traballos para a celebración do día do Amor e a Amizade cos que decoraron a Biblioteca; así como o Entroido, coa confección de caretas con mateiais de refugallo e os compadres e comadres.

A continuación coma sempre un resumo:

FEBRUARY ART WORKS de Entre estrellas que iluminan