Comezamos o mes de xaneiro coa volta das vacacións de Nadal, así que nos grupos desa semana realizaron debuxos relacionados co seu mellor momento, os máis pequenos e os mariores tamén realizaron ese debuxo pero converténdoo nun puzzle uns e outros decoraron pezas de puzzle para escribir os seus propósitos para este ano.
Logo os do 1º ciclo realizaron debuxos de animais partindo das súas pegadas dactilares, os do 2º ciclo crearon cadros imitando a Kandinsky con formas recortadas de sornais e revistas e por último o 3º ciclo comezou o debuxo con perspectiva cun punto de fuga.
Ademais tocou colaborar coa decoración para o día da paz, todos os curso decoraron pombas para palestina con mensaxes de para acadar a paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario