mércores, 21 de xuño de 2023

ART WORKS IN JUNE/TRABALLOS DE PLÁSTICA EN XUÑO

Durante o mes de xuño, o alumnado, na primeira semana, realizou debuxos no seu caderno seguindo as instrucións dos vídeos de Art for Kids Hub. De 1º a 4º E. Primaria, o alumnado de 5º e 6º realizaron composicións no ordenador, na aplicación do office libre de debuxo "My Paint".
Nas seguintes semanas xa traballaron con elementos de refugallo para realizar elementos decorativos, e tamén mandalas florais con plantas recollidas no xardín do centro, para a Festa das Graduacións.

Por este curso remataron as tarefas. Foi un curso moi satisfactorio, todo o alumnado estivo moi implicado en todos os proxectos propostos, colaborando moito tamén en todas as celebracións realizadas no centro, aportando elementos e murais decorativos, aprendendo que con poucos materiais e reutilizando pódense crear grandes obras. 
PARABÉNS E MOITAS GRAZAS POR AXUDAR CADA DÍA A MANTER A ILUSIÓN E SEGUIR AVANZANDO EN APRENDIZAXES XUNTOS.
BOAS VACACIÓNS!!
ARTS JUNE de Entre estrellas que iluminan

Ningún comentario:

Publicar un comentario