mércores, 11 de outubro de 2023

PROXECTO COMPETENCIAL: CURSO 2023-2024

NOVO CURSO, NOVA AULA
Este curso todos os niveis de E. Primaria teñen, como alternativa  á materia de Relixión, Proxecto Competencial, que neste centro tanto en Claustro coma en Consello Escolar foi aprobado como "Inicio á ofimática e á robotica".
Neste primeiro mes ademais de estrear aula, novo espazo creado para "Aula de Polos Creativos", contamos con máis materiais de dotación para esta aula, aínda así polo de agora iniciamos contacto para os cursos impares e repaso nos pares, dado que o curso pasado só se impartiu nos impares.
Como dicía, iniciamos tarefas cos Legos, os robots TRUE TRUE e a ofimática en ordenadores tipo edixgal, para o que empregamos a web gratuita: https://www.typingclub.com/mecanografia, para iniciar ou continuar coa mecanografía, e tamén: https://www.vedoque.com/juegos/mecano/
NOVO CURSO, AULA NOVA de Entre estrellas que iluminan

Ningún comentario:

Publicar un comentario