O alumnado de Primaria durante o mes de novembro, na materia de Arts, ademais de colaborar na decoración para a celebración do Magosto, publicado xa con anterioridade.
O alumnado de 1º e 2º estivo creando personaxes divertidos con anacos de papel con diferentes tipos de grafías seguindo a Hervé Tullet e tamén participaron no mural do 25 N "A muller é ...respéctaa"
O alumnado de 3º e 4º participaron na decoración do mural base, que representa a Liña Temática do centro deste curso, con estrelas e bolboretas de papel de xornal pintadas con liñas e puntos imitando a Yayoi Kusama e Andy Warhol ao estilo Pop Art, ás que engadiron palabras que definen como debemos ser e comportarnos para erradicar a violencia, co gallo da celebración do 25 N.
O alumnado de 5º e 6º deseñou carteis alusivos ao día, tamén crearon un mural tipo Pop Art con xornal e siluetas femeninas con palabras que definen as mulleres do seu entorno.
A continuación un resumo:
Arts in november de Entre estrellas que iluminan
Ningún comentario:
Publicar un comentario