domingo, 31 de marzo de 2024
TAREFAS PLÁSTICA NO MES DE MARZO/ARTS IN MARCH
Este mes arancou coa celebración do Día da Muller, e dende Arts para colaborar no mural, e a súa vez traballar os contidos correspondentes á materia; así traballaron sobre a ilustración, elixindo a unha muller representativa, Clara Cerviño, sobre a que investigaron tamén na materia do Proxecto Competencial e logo realizaron algunhas das súas ilustracións empregando a técnica da cor con acuarelas.
Os máis pequenos debuxaron sobre as mulleres máis importantes da súa vida e as súas profesións, repasando así vocabulario en inglés sobre esta temática.
Logo seguindo co proxecto "Creando Xuntos" os maiores decoraron, empegando a técnica de creación de Doodles, un cuarto de círculo para logo facer unha composición conxunta.
As últimas semanas entre obradoiros, charlas e saídas estivemos moi atareados, e en Arts participaron na actividade interetapas da "I Semana da Historia" na que o alumnado de 4º da ESO dirixiu obradoiros para os seus compañeiros de Infantil e Primaria sobre creación de máscaras, papiroflexia e estudo de cadros antigos a a partir dos que o alumnado creou a súa propia versión. Todo un éxito. MOITAS GRAZAS, unha gran experiencia.
Ademais coma fin do trimestre o alumnado de 6º de Primaria traballou a festa de Pascua cunha busqueda de ovos polo horto do centro.
luns, 11 de marzo de 2024
TAREFAS PROXECTO COMPETENCIAL EN FEBREIRO
venres, 8 de marzo de 2024
TRABALLOS DE PLÁSTICA EN FEBREIRO/ARTS IN FEBRUARY
Durante o mes de febreiro na materia de Arts o alumnado estivo colaborando coa elaboración dos disfraces e complementos para o desfile de Entroido, aproveitando para traballar conceptos e técnicas da materia como foi o estampado e deseño.
Á volta do Entroido comezamos co deseño con diferentes tipos de liñas creando Doodles ao tempo que realizaron mural para o Día de Rosalía.
Ademais remataron o mes participando nun obradoiro de Biblioteca Creativa co ilustrador e escritor Pablo Otero, creando trebellos con elementos de refugallo, publicación realizada na web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/node/2124
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)