luns, 10 de xuño de 2024

RESUMO TAREFAS DO PROXECTO COMPETENCIAL EN MAIO

Este mes xirou arredor da finalización de proxectos, o alumnado do primeiro ciclo repasando construcións e os demais rematando historias e gravando, quedando por rematar as montaxes destas gravacións e edición e impresión das historias.

TAREFAS PC MAIO-curso 2023-24 de Entre estrellas que iluminan

RESUMO TAREFAS MATERIA DE PLÁSTICA NO MES DE MAIO/ARTS IN MAY

O mes de maio resultou un chisco apurado, entre celebracións e saídas do centro, motivo polo que nalgún grupo faltaron sesións.

Comezaron o mes facendo flores e tarxetas para o día da nai, con elementos de refugallo.

Logo realizaron debuxos ben seguindo instrucións da mestra ou da web: https://www.youtube.com/@artforkidshub , coa fin de repasar vocabulario.

Tamén traballaron simetrías e xeometría como repaso dos diferentes pintores traballados, así como elementos decorativos para as graduacións.

Arts May de Entre estrellas que iluminan