O mes de maio resultou un chisco apurado, entre celebracións e saídas do centro, motivo polo que nalgún grupo faltaron sesións.
Comezaron o mes facendo flores e tarxetas para o día da nai, con elementos de refugallo.
Logo realizaron debuxos ben seguindo instrucións da mestra ou da web: https://www.youtube.com/@artforkidshub , coa fin de repasar vocabulario.
Tamén traballaron simetrías e xeometría como repaso dos diferentes pintores traballados, así como elementos decorativos para as graduacións.
Arts May de Entre estrellas que iluminan
Ningún comentario:
Publicar un comentario