A pesares de xa levar polo cole dende o luns pasado aínda non tivera tempo de pasarme por aquí.
Empezo este curso chea de ledicia, primeiro por volver á titoría e segundo porque enriba volvo a unha titoría moi especial para min.
Xa pasaron cinco cursos dende isto: (recupero aquí a miña primeira publicación neste centro, titoría de 1º E.P e memo grupo, con algúns cambios, baixas e novas incorporacións. Como medraron as nosas estreliñas)
Este curso, ao ter que facer reunión en setembro, aínda non houbo tempo destes traballiños. Faremos, e mellores porque as nosas estreliñas xa avanzaron moito nas súas aprendizaxes.
Agardo, entre todos mestres e familias, chegar a xuño cos obxectivos cumpridos.
Hoxe celebramos primeira reunión coas familias; resultou moi emotiva, despois do primeiro curso que pasamos xuntos con pandemia, encerro incluído e compartindo aprendizaxes a través das pantallas.
Motivo principal polo que volvemos estar xuntos, foron moitas experiencias, e tocaba rematar etapa coas nosas estreliñas.
Agora comparto a información para todos, sobre todo para as familias que por diferentes motivos non puideron asistir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario